 |
O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, asegurou en Soutomaior que se gaña as eleccións xerais do próximo ano "cambiará a Lei Electoral, para que goberne sempre a formación que obteña un maior respaldo dos cidadáns".
Sempre até que o máis votado sexa outro... mais por se acaso mellor que non gañes.
|
Rajoy, que pechou o acto, non falou da Galiza e baseou todo o seu discurso nos seus plans para o conxunto de España, aínda que asegurou que "o PP necesita a Galicia para chegar á Moncloa".
Agardemos que a Galiza no o leve a tan humilde morada, precisa os votos dos galegos mais apenas iso porque ... vai facer algo pola terra da que renega?
 |
Con respecto a ETA, Rajoy manifestou que "Zapatero se equivocou, confundiu os seus desexos coa realidade", antes de asegurar que "o PP nunca negociará cos terroristas". Defendeu o labor da Policía Nacional e da Garda Civil nas últimas detencións de membros da banda e avogou pola "ilegalización de ANV". |
Menuda teima, o PP negociou cos terroristas e, de ter oportunidade, negociarían outra vez. Ilegalizar a ANV? Cal é o argumento? non condear un atentado? pregunto porque non o sei, mais se cadra habería que ilegalizar tamén ao único partido que se nega a condear o golpe do 36 coa conseguinte repercusión de guerra, e de ditadura, represión e morte por corenta anos.
De todos xeitos se lles fixera falla para chegar ao poder xa o legalizarían porque pactar pactaría até co diaño... se o diaño quixera, claro.
Rajoy cambiará a Lei Electoral, para que goberne sempre a formación que obteña un maior respaldo dos cidadáns, para evitar pactos como o do PSdeG e BNG na Galiza.
E iso é condenar a democracia logo de impedir que se cumpra a vontade do pobo, dos pobos dun estado cada vez máis centralista que se reduciría ao bipartidismo máis absoluto e inxusto ademais de inxustificado. Sempre habería unha grande parte da poboación sen representación parlamentar cos seus dereitos violados.
Para rematar, engadiu que a economía e a educación serán dúas prioridades do PP se gaña as próximas eleccións. "Baixaremos o IRPF, eliminaremos o Imposto de Sucesións, liberalizaremos o chan e deixarémonos de debates grotescos en materia de educación; os mozos necesitan unha formación de calidade, aprendendo inglés e novas tecnoloxías", concluíu.
E volta outra vez, e máis unha vaca vai no millo! Vai impedir por decreto o galego nas escolas igual que outro ilustre galego?
Será que a súa lingua non sabe pronunciar outra cousa? Pídelle os votos aos galegos para logo sacarlles a representación, a liberdade e a voz?
Comentarios () |
|
|
|
|
|