Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Rajoy, hispaniae bifida lingua Imprimir Correo-e
  • Currently 4.7/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 4.7/5 (50 votos totais)

Beatriz Guiance   |   Domingo, 02 de Setembro do 2007   |   Beatriz Guiance
Image O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, asegurou en Soutomaior que se gaña as eleccións xerais do próximo ano "cambiará a Lei Electoral, para que goberne sempre a formación que obteña un maior respaldo dos cidadáns".  

Sempre até que o máis votado sexa outro... mais por se acaso mellor que non gañes.

Rajoy, que pechou o acto, non falou da Galiza e baseou todo o seu discurso nos seus plans para o conxunto de España, aínda que asegurou que "o PP necesita a Galicia para chegar á Moncloa". 

Agardemos que a Galiza no o leve a tan humilde morada, precisa os votos dos galegos mais apenas iso porque ... vai facer algo pola terra da que renega?

rajoy8 Con respecto a ETA, Rajoy manifestou que "Zapatero se equivocou, confundiu os seus desexos coa realidade", antes de asegurar que "o PP nunca negociará cos terroristas". Defendeu o labor da Policía Nacional e da Garda Civil nas últimas detencións de membros da banda e avogou pola "ilegalización de ANV".  

Menuda teima, o PP negociou cos terroristas e, de ter oportunidade, negociarían outra vez. Ilegalizar a ANV? Cal é o argumento? non condear un atentado? pregunto porque non o sei, mais se cadra habería que ilegalizar tamén ao único partido que se nega a condear o golpe do 36 coa conseguinte repercusión de guerra, e de ditadura, represión e morte por corenta anos.

De todos xeitos se lles fixera falla para chegar ao poder xa o legalizarían porque pactar pactaría até co diaño... se o diaño quixera, claro.

Rajoy cambiará a Lei Electoral, para que goberne sempre a formación que obteña un maior respaldo dos cidadáns, para evitar pactos como o do PSdeG e BNG na Galiza.

E iso é condenar a democracia logo de impedir que se cumpra a vontade do pobo, dos pobos dun estado cada vez máis centralista que se reduciría ao bipartidismo máis absoluto e inxusto ademais de inxustificado. Sempre habería unha grande parte da poboación sen representación parlamentar cos seus dereitos violados.

Para rematar, engadiu que a economía e a educación serán dúas prioridades do PP se gaña as próximas eleccións. "Baixaremos o IRPF, eliminaremos o Imposto de Sucesións, liberalizaremos o chan e deixarémonos de debates grotescos en materia de educación; os mozos necesitan unha formación de calidade, aprendendo inglés e novas tecnoloxías", concluíu.

E volta outra vez, e máis unha vaca vai no millo! Vai impedir por decreto o galego nas escolas igual que outro ilustre galego?

Será que a súa lingua non sabe pronunciar outra cousa? Pídelle os votos aos galegos para logo sacarlles a representación, a liberdade e a voz?

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (11)add
1
xan
hai que foderse

02 de Setembro do 2007 - 16:26

2
R2b2
.. e para que poida gobernar o partido máis votado, .... prohibiremos as MOCIÓNS DE CENSURA, ...... e ata prohibiremos as Eleccións para non deixar o poder ...... (jijjijij....).

02 de Setembro do 2007 - 21:24

3
Djalminha
Este Rajoy cada vez ten menos de galego e máis de ESPAÑOLEIRO. Unha vergoña!
Excelente artigo.

03 de Setembro do 2007 - 11:14

4
Anxo D
Éste mesmo elemento é o que critica a Cháves por facer medidas semellantes...Rajoy chavista!!!
Saúdos que non se creen nada.

03 de Setembro do 2007 - 13:46

5
Ganesh
É aquilo que costumo dizer...há que se tomar cuidado com essa remessa de galegos que não se identificam com a Galiza e com a sua cultura. Essa remessa não se identifica como galega e somente como espanhola. Assim não há língua galega que resista às investidas do castelhano. Meus amigos, o que importa é que vocês não permitam que pessoas assim tomem as rédeas da sociedade galega. Há que resistir. smilies/kiss.gif

04 de Setembro do 2007 - 05:01

6
Aimar
Rajoy, a marioneta de Aznar, ten tan lavado o cerebro que xa non recorda nin cal é a súa terra. Pobre home, que pena.
Rajoy, por favor, deixa o posto agora mesmo, que se presente Aznar ás próximas eleccións xerais e ven a Galicia (xa verás como en poucos meses quitas a enfermidade aznaritis).

04 de Setembro do 2007 - 09:23

7
Fran
Aznaritis, acebitis e zaplanitis.
Excelente artigo.

04 de Setembro do 2007 - 11:33

8
republicano
Ya sabemos que cuando alguien del PP habla de liberalización, no se refiere a más libertad sino a más privatizaciones. Respecto de la educación, si ganan (que va a ser que no) nos impondrán una educación para la ciudadanía basada en la vida de los santos. De San Escribá de Dalaguer., ad maiorem Rajoy gratia.
Viva la República federal. smilies/grin.gif
Aupa Mundo Galiza y Miguel Ángel.
Un saludo

11 de Setembro do 2007 - 08:59

9
Un
A dereita española segue no monte.

11 de Setembro do 2007 - 09:30

10
republicano
Totalmente de acuerdo con tu artículo Beatriz. Con esa reforma electoral, ¿pretende prohibir los pactos entre partidos?. Lo que debería planearse Rajoy es por qué le cuesta tanto llegar a pactos con partidos, en principio, afines ideológicamente al suyo en Euskadi o Cataluña, por ejemplo.
smilies/grin.gife todas maneras,de admitir esa reforma electoral, debiera ser a doble vuelta, y entonces ya veríamos, si en una segunda vuelta la lista más votada en la primera, lo sería en la segunda, donde se concentraría el voto de izquierdas. A lo mejor, le sale el tiro por la culata.
Saudos.

19 de Setembro do 2007 - 10:56

11
André
Un biquiño para o meu amigo Iago, sinto non terche dito nada antes mais estiven moi maliño. Aínda me ten que ter mami moi vixiado e darme unhas menciñas que saben moi mal, mais peor é esa mascariña horrible que me poñían para respirar cunhas nebulizacións que deben ser para anestesiar cabalos.
Menos mal que xa vou tendo gañas de leria.
Unha mágoa que vivas en Madrid, xa verías que ben o pasabas comigo, seica son un terremoto... ou eso di mami.

23 de Setembro do 2007 - 18:51

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >