Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Malas relacións Imprimir Correo-e
F. X. Castiñeira   |   Xoves, 06 de Setembro do 2007   |   Sinaturas - F. X. Castiñeira
fran

A mala negociación do acordo de goberno de socialistas e nacionalistas está a traer augas avoltas estes días co risco de converterse en enxurradas nos próximos meses. En esencia, na idea primaria do PSdeG non estaba contar cun Bloque tan activo no goberno. De feito, esperaban que se “dedicasen a gaiteiradas” os catro anos como comentaba un sociata de pro. Porén, as cousas foron por outro camiño.

 

Mentres nos primeiros meses o PSdeG vía con bos ollos as aloucadas propostas da nacionalista Ánxela Bugallo, responsable da consellería con peor balance de actividade, pouco a pouco saltaron as alarmas socialistas ante o imparable ascenso de Quintana e do dinamismo de Vicepresidencia, acompañado pola enérxica acción do departamento de Industria e en menor medida de Vivenda e Medio Rural, consellerías minguadas polo choque competencial con Política Territorial e Medio Ambiente.

 

Deste modo, os socialistas arbitraron una Industria bis e habilitaron aos seus concellos a interferir na aplicación da Lei de dependencia, nas galescolas, na vivenda e en todo o que soara a bloqueiro.

 

Con toda esta acción directa dos sociatas, os nacionalistas terán que poñer as pilas e definirse con máis capacidade ante a sociedade galega e facer notar os seus logros, porque coa maquinaria mediática madrileña e nativa da que dispón o PsdeG, o Bloque quedará reducido para a cidadanía, como gusta Touriño, a un simple encordio político que convén reducir ao folclorismo de queimada, raxo e carne asada.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image