
| Anxos Sumai Premio Narrativa Breve de Repsol |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Xoves, 13 de Setembro do 2007 | Comunicación | |||
O voceiro do xurado, Xosé Luis Axeitos, resaltou a capacidade da autora para escribir dun xeito moi formal pero "con vocación innovadora". Unha virtude que tamén destacou o representante da editorial e membro da RAG, Victor Freixanes, que cualificou a obra como unha "proba de madureza e talento". Na súa opinión, a autora conta cunha capacidade para "comunicar dun xeito diferente", algo que xa transmitiu coa creación de varios blogs en internet. Ademais, Freixanes sinalou que, na súa obra, Sumai "capta situacións da vida corrente de xeito poético", partindo dun encontro familiar que ten lugar nunha estación.
Anxos Sumai naceu en Catoira e dedícase a labores de documentación e tradución, ademais da escribir como colaboradora en distintas publicacións ao longo dos 80 e os 90. En 2004 foi Premio da Crítica Galicia, en 2007 gañou o Premio de Periodismo Literario e de Opinión Roberto Blanco Torres polo seu espazo de opinión 'Somos perigosamente normais', emitido semanalmente no Diario Cultural da Radio Galega durante 2006. Actualmente traballa no conselo da Cultura Galega. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|