Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Ynestrillas: o novo ditador Imprimir Correo-e
Paulo Liñeiro   |   Domingo, 16 de Setembro do 2007   |   Sinaturas - Paulo Liñeiro
Image
Mentres a canle alemá NDR despedía a unha presentadora dos informativos, Eva Herman, por eloxiar diferentes aspectos do III Reich, en España, Telecinco organizaba un 'show' no que participaba o líder ultradereitista Ricardo Sáenz de Ynestrillas. Ver para crer.
Lembrar (por se alguén anda despistado) que Ynestrillas é fillo do militar Ynestrillas Martínez, implicado no intento do golpe de estado do 23-F. Tivo varios problemas coa xustiza, condenado sete anos por disparar a un narcotraficante que non lle fiou un gramo de cocaína nunha discoteca e acusado (tres anos no cárcere) por participar no asasinato do deputado Josu Muguruza de Herri Batasuna.

 

Tamén sobre el-Rei D. Juan Carlos ten dito "lindezas" como esta:
“O Rei, ese subnormal xenético, que se supón que debe garantir todos os dereitos mais, sobre todo, a unidade de España; ese si que debe estar contento, pois tras consumar a súa traizón a unha Nazón e a un pobo, permitiu todo o que está a ocorrer, como o asasinato -que el asinou coa súa firma de borracho- de 80.000 nenos ao ano aínda no seo das súas nais, a eutanasia pasiva e a legalización dos matrimonios homosexuais”.

 

Ynestrillas utilizou Telecinco para criticar a partidos democráticos como o BNG (ao que chamou amigo da ETA) e, como é habitual, a el-Rei de España.

O preocupante non é que o programa "La Noria" sexa un programa de "xornalismo de investigación" dando tribuna a "personajillos del tres al cuarto" (no seu idioma para que o entenda) senón que este "carrusel" ofreceuselle a alguén que, de poder, negaríanos calquera dereito aos demais.

Quen será o próximo que subirá a esta noria? Todo vale para conseguir cota de pantalla, até a apoloxía do franquismo?

Vergoñento!!!.

Comentarios (3)add
1
eu
Vomitivo este programa

Setembro 24, 2007

2
R2b2
... a merda debe sair á luz ..... para que se seque. smilies/smiley.gif

Setembro 24, 2007

3
R2b2
.. e deixe de feder..... smilies/cheesy.gif

Setembro 24, 2007

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image