Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Candidatura da Torre de Hércules Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Venres, 14 de Setembro do 2007   |   A Coruña
coruna A Consellaría de Cultura e Deporte presentará o luns, ante o Ministerio de Cultura, a candidatura da Torre de Hércules a ser Patrimonio da Humanidade. A partir de aí, será o Ministerio quen decida a lista de candidaturas que se presentan a nível estatal ante a UNESCO

O alcalde da Coruña, Javier Losada, mostrou a súa "satisfacción" porque a Consellaría "cumprira coa súa obriga", aínda que advertiu de que "será un camiño longo".

Losada asegurou que "se hai un monumento na Galiza que teña as bases e sinais de identidade para ser Patrimonio da Humanidade esa é a Torre de Hércules", por tratarse do "único faro romano en activo" e ademais sinal de identidade dunha cidade.

"A cidade visualízase en calquera lugar do mundo coa Torre", sentenciou. Así, afirmou estar a traballar coa conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, ao longo do mes de agosto "pedindo a maior celeridade" para a tramitación, pola que se mostrou "encantado", xa que considerou que "vai alcanzar total receptividade" no Goberno de España para a súa tramitación ante a UNESCO.

Para apoiar a candidatura, o Concello da Coruña está preparando "un acto multitudinario e con presenza das novas tecnoloxías" no que os coruñeses que o desexen poderán mostrar o seu apoio á candidatura da Torre de Hércules.

Comentarios (1)add
1
Fran
O único faro romano en activo, Patrimonio da Humanidade xa!!!

Xaneiro 21, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image