 |
O presidente do PP, Mariano Rajoy, cualificou os Orzamentos Xerais do Estado para 2008 como "un fracaso e un engano" aos cidadáns, á vez que criticou que o presidente do Goberno, "se dedique a facer anuncios e promesas: acabará ofrecéndonos a todos un chalé no Caribe e, se non, ao tempo". |
Durante un acto en Granada, Rajoy considerou que os Orzamentos do ano que vén son o reflexo dun presidente do Goberno que non se ocupa dos problemas reais dos españois, senón que se pasou durante toda a lexislatura xerando problemas e debates "innecesarios". Así, considerou que as contas do Estado non se ocupan nin dos salarios, nin da suba das hipotecas nin do aumento dos prezos na cesta da compra.
O líder do PP lamentou que os orzamentos só cren "problemas" entre as distintas comunidades autónomas, ante o que advertiu que "o diñeiro de todos non se pode repartir por cotas senón segundo as necesidades de cada territorio".
Ao seu xuízo, Zapatero "comeu a despensa chea que deixou o PP" e considerou que o feito de que nestes anos só se dedicou a "provocar" problemas, sen ocuparse de mellorar a economía, a educación, os servizos públicos ou as infraestruturas, levárono a dedicarse agora a facer "anuncios e promesas" que non son máis que "parches" dun Goberno "sen rumo, sen fundamento, e que acabará ofrecéndonos a todos un chalé no Caribe, e se non, ao tempo".
O voceiro do PSOE no Congreso, Diego López Garrido, denunciou a posición "catastrofista" do PP e asegurou que "ninguén alfabetizado en economía pode dicir que España está en recesión". Neste sentido, contrapuxo ás teses populares o ritmo de crecemento, que se achega ao 4%, e que organismos como a Comisión Europea, a OCDE ou o Deutsche Bank indican que España é "o estado que mellor se vai a comportar no futuro".
Pobre argumento señor Rajoy, mais se nos ofrece vostede un chalé... será cuestión de pensalo. Pensando, pensando Botalo para as vindeiras eleccións
Comentarios () |
|
|
|
|
|