|
Referendo político na Galiza |
|
|
|
Paulo Liñeiro
|
Domingo, 30 de Setembro do 2007 |
Sinaturas -
Paulo Liñeiro
|
 |
A consulta que tanto deu que falar nos últimos anos xa ten unha data concreta: 25 de outubro de 2008.
Galiza debería, do mesmo xeito que a outra nacionalidade histórica Cataluña, participar na mesma consulta co apoio de Galeusca. Non debemos, como sempre, ficar en segundo lugar.
|
Se hai pacto con Madrid, o referendo será xuridicamente vinculante e estará convocado polo presidente do Goberno español e se non hai pacto, a consulta a convocara unilateralmente o Parlamento Vasco, probablemente nun contexto de enfrontamento cos poderes do Estado español. Grazas á valentía de Ibarretxe se presenta un escenario inédito na democracia.
Se a consulta se celebra e a cidadanía apoia as intencións do lehendakari, as forzas políticas vascas estarían comprometidas a pór en marcha unha mesa de negociación política para alcanzar un Acordo de Normalización Política sobre o dereito a decidir do Pobo Vasco e as relacións de territorialidade.
Para Galiza, o referendo serviría para dar o salto que precisa o noso pais, a nosa cultura e a nosa lingua. As tres nacionalidades históricas xuntas poden conseguirlo, Galiza debe estar á cabeza neste 2008 que se presenta tan interesante.
Comentarios () |
|
|
|
|
|