Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Non cos meus cartos Imprimir Correo-e
  • Currently 4.7/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 4.7/5 (12 votos totais)

Beatriz Guiance   |   Domingo, 30 de Setembro do 2007   |
bet3

Os últimos días asistimos a unha declaración de intencións do goberno da España para dar axudas, hipoteticamente aos máis necesitados.

Mais logo dunha reflexión seria podemos deducir que se creou unha serie de expectativas na poboación que non solucionan os problemas de fondo, cando menos desde o meu punto de vista.

As arcas do estado non son ilimitadas, e xa di o refrán que de donde se saca e non se pon en seguida se chega ao fondo.

Eu non considero a un rapaz de 22 anos unha persoa necesitada. Non entendo que precise mercar un piso con eses anos e, se traballa, ten moita vida para pagalo.

Os meus avós levantaron a súa casa e á súa familia sen axudas de ninguén, os meus pais se teñen casas é porque as traballaron e porque as pagaron, sen axudas de goberno ningún, e cando os intereses eran do 17% non do tan terríbel e cacarexado 4,5%.

Hai moitas familias que están afogadas, e non vexo mal que haxa algún tipo de axuda porque tamén sei o que é pagar unha hipoteca.

Os alugueres, aínda que no noso país non hai moita cultura de alugueiro senón que o predominante é a propiedade, deberían adoptar un sistema semellante ao vienés. O goberno mercaría casas para logo alugarllas á xente menos favorecida a prezos asequibles.

Se eu tiven que pagar un aluguer de 800 euros en Madrid por un apartamento dun só cuarto, que pensades que podería pasar coa axuda de 210 euros? Cobraríame a señora 1000 euros para aproveitar ou vería como se reducía o meu gasto a uns, aínda abusivos, 600 euros?

Cantos mozos sen necesidade material de alugar piso ningún alugarían entre varios un pisiño para dar festas e pasar a noite fóra cando lles parecera? Cunha rebaixa e pagando entre varios...

As axudas por bebé están moi ben, mais se son indiscriminadamente para todo o mundo, e coa cantidade de nenos que están a chegar a este mundo ultimamente, tamén son un gasto que á larga non sei se se podería soster.

Cando naceu o meu André, pouco antes da medida gobernamental, eu non vin peso. E non é que me queixe diso mais... como é que só lle dan axudas ás nais traballadoras? Non lle farán moita máis falla os cartos a unha nai que non traballa?

Os gastos son os mesmos e os ingresos, pola contra, non.

Agora, a medida que incrementa a axuda até os 3.500 euros para as nais solteiras, resulta igualmente inxusta ou discriminatoria. Se temos en conta que estamos en tempos nos que ben pouco importa ser nai solteira ou non, e sabendo que unha nai solteira pode gañar bastantes máis cartos que unha nai casada, en función do seu traballo e non do seu estado civil, é un sin sentido.

O que hai que mirar é se unha nai ten ingresos ou non, se traballa ou non, se gaña pouco ou moito, e non o seu libro de familia.

Por último, medo me dan as manifestación multitudinarias de afectados do Forum Filatélico. Non pretenderán que o Estado repoña os cartos que perderon?

Eu non sei se esa xente é lista de máis ou se son, co debido respecto, un fato de borregos que cren que dan duros a peseta. Será que agora como non hai pesetas senón euros se lles foi o sentido e non sospeitaron que algo escuro habería cando se lles daba polos seus cartos moito máis que nos resto de entidades que manexan o diñeiro dos contribuíntes?

Desde logo ninguén lles mandou meter alí os seus cartos, e se os perderon é problema deles e non do resto da poboación, que mete os seus cartos - se os ten - en lugares menos sospeitosos mais de rendibilidade máis baixa.

A min se me rouban na rúa ninguén me devolve os meus cartos, se os invirto na bolsa e se me van porque baixan as accións tampouco hai quen mos dea, e se vou ao Bingo e os perdo tamén quedo sen eles.

Que se mentalicen de que xogaron cos seus cartos e os perderon, e diso non lle ten culpa nin o goberno nin o resto de contribuíntes.

Esperemos que a este goberno non se lle pase pola cabeza darlles peso, porque desde logo eu cos meus cartos non quero contribuír á causa.

Quen queira alugar, parir, ou xogar cos seus aforros, que o faga mais non cos meus cartos.

Medidas sociais para quen o precise si, iso sempre, mais medidas electoralistas que non son máis que parches e non solucións, non.

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (2)add
1
Djalminha
O problema é presentar, por parte dun goberno, axudas sen estudalas moi ben antes.

01 de Outubro do 2007 - 10:51

2
Alba
Pois cos meus que non conten tampouco. Non che deron nada por André? smilies/shocked.gif
Bueno, iso será tamén porque tes moito, verdade? smilies/wink.gif

02 de Outubro do 2007 - 12:18

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image