 |
Quixera, desde este medio, denunciar o lamentable estado en que se encontra o urbanismo na vila de San Cibrao, na costa Lucense, en particular no lugar do Faro. Unha miña amiga decíame que alí aprenderá ela a andar en bicicleta. Foi una privilexiada por ter desfrutado de tal entorno, cando non estaba , ainda , tan degradado como o é na actualidade. |
O feísmo arquitectónico, súmase a construcción caótica en que se amorean edificacións na encosta que conduce ao faro. Antigas casas mariñeiras, pequeniñas e modestas, fálannos dun tempo en que a estética encontraba alí, aínda, o seu lugar.
Neste entorno de valor paisaxístico, que debería ser mimado e respetado, está a ser construído un bloque para mais de 40 vivendas sobre area (sistema dunar relicto, que tería que ser preservado). Baixo esta, a un metro e medio de profundidade +/- descansan os restos dun castro que ocupaba parte da península onde agora se sitúa o faro e cuxos muros fican aínda no lugar .
| O castro emprazouse neste lugar singular ocupando o que antes fóra unha illa, ligada a terra por una barra de area, (un tómbolo) que fica oculta polas construcións que sobre ela se foron levantando. Fenómeno de sedimentación litoral ben repetido na costa galega: A Lanzada, A Coruña, etc. |
|
Ao lado do lugar en que se pretende construir o edificio, sobre o mesmo castro, existe outro bloque de vivendas que nunca foi ocupado por non ter cédula de habitabilidade e que se está a degradar có tempo, empeorando o lamentable aspecto da zona.
 |
Para a realización das obras que agora se denuncian, foi ocupado un camiño público, recén feito, na moda dos paseos marítimos tan ao gosto dos alcaldes actuais. Todo isto sitúase pegado á ribeira do mar, que bate ao pé da rocha que forma a antiga illa onde se asenta o Faro. |
Perto dos restos do castro localízase un concheiro, que nos da valiosa información ecolóxica (animais e plantas da época) e dos hábitos alimentarios e costumes dos antigos habitantes do castro. A promotora do edificio incumpriu gravemente as obrigas que lle impón a Lei do Patrimonio Cultural de Galiza ao non comunicar inmediatamente o descubrimento dos restos á Consellería de Política Territorial.
| En lugar diso, procedeu a acelerar a eliminación dos mesmos -chegando incluso a traballar en fin de semana- e se opuxo á paralización requerida por diferentes veciños e colectivos que primeiro pudieron apreciar o que estaba a ocorrer. |
|
Tamén incumpre gravemente o Concello , pois coñecese a existencia deste desde o ano 2004, e a licenza de obra é do 2006. Temos ahí una fragante desidia, que pode ser obxecto de delito. O Concello podería ter evitado estas obras, atentatorias contra o noso patrimonio cultural, incluso tras dar a licenza. En lugar diso, unha vez postos de manifesto os restos arqueolóxicos, inhibiuse en todo momento de paralizar as obras, malia a obriga que a lei impón de <<conservar e enriquecer o patrimonio cutural de Galiza>>.
A Dirección Xeral de Cultura ordenou a paralización cautelar por afectar ao xacemento arqueolóxico, parte do patrimonio cultural de Galiza de acordo coa lei reguladora da materia, malia ao cal semella que as obras foron reemprendidas.
ADEGA entende que tamén debeu intervir a Dirección Xeral de Costas, dada a inmediatez á liña costeira. As obras apóianse nunha licenza concedida polo concello de Cervo ao abeiro dun planeamento urbanístico aprobado hai case 30 anos e non acorde coa lexislación vixente en materia de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galiza, que o concello xa tería que ter derrogado antes de dar a licenza, como esixe dita lei, substituíndoo por un novo planeamento cuxa tramitación xa foi iniciada hai anos e cuxa aprobación leva demorando o concello durante anos, favorecendo que sucedan este tipo de perdas irreversibles para o noso legado cultural.
Todo produce una inmensa tristura. Por cima de todo , paira a sensación do desleixo e do desprezo que temos polo PROPIO, por nos mesmos. É a mesma impresión que produciría entrar nunha casa con fermosos e valiosas mobilias e cadros , mas , onde o lixo estrase polo chan e coas paredes desconchadas e descaidas.
ADEGA, entre tanto, está a estudar a posibilidade de emprender accións legais para esixir as responsabilidades penais en que se pudiera ter incorrido.
Adela Figueroa
Comentarios () |
|
|
|
|
|