 |
O presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, reprochou ao líder do PP, Mariano Rajoy, a súa falta de apoio para facer fronte ao desafío soberanista lanzado polo lehendakari, Juan José Ibarretxe. |
Así respondía Zapatero á pregunta de Rajoy na sesión de control ao Goberno no Congreso dos Deputados, na que culpou ao presidente do Executivo e á súa imprudencia do momento delicado que vive España coa radicalización dos nacionalismos e de que a situación se lle vaia das mans".
Momento delicado? Cal momento delicado, o que están a fomentar o PP e máis os medios afíns?
| "Creo que é xustificada a preocupación da maioría da sociedade porque atravesamos por un momento delicado". Así comezou Rajoy a súa intervención ante o Pleno, na que, tras denunciar "o que está a ocorrer cos nosos símbolos e as nosas institucións", en referencia á guerra das bandeiras e aos ataques que ultimamente está a sufrir a Monarquía, centrouse no plan soberanista de Ibarretxe. |
 |
O caso é buscarlle os tres pés ao gato. Non hai máis guerra de bandeiras que a que eles provocan, e magnificar e darlle tanta publicidade a un acto illado duns cantos radicais a queimar fotos dos reis o que fai é soliviantar á xente.
Ibarretxe é o artífice dun "desafío" que vén alimentado pola "imprudencia" de Zapatero ao que, segundo afirmou, "fóronselle as cousas das mans" porque chegou ao Goberno "dicindo que a nación española era unha cuestión discutida e discutible e que ía ofrecer un novo deseño territorial no que todos se sentisen cómodos", e ademais negociou con ETA, algo que, sinalou, xa lle recordou onte o propio lehendakari.
Vai ser que toda a culpa de canto pasa no mundo a ten Ibarretxe o desafiante, e por extensión Zapatero o imprudente.
Discutir, pódese discutir de todo nunha democracia. A "nación española" é unha cuestión discutida e discutible... Amén.
En fin, negociara ou non iso está por verse, desde logo o que si negociou foi o seu querido amigo JoseMari, que non só negociou senón que concedeu e en tempos nos que non estaban as cousas tan ben. Logo por que lle tería que molestar que outros simplesmente intenten, nun clima de ausencia de violencia, arranxar un problema que supón unha lacra?
"Os feitos desmenten os argumentos", replicou Zapatero que lamentou a "mala memoria" do líder do PP, ao que recordou que a consulta que Ibarretxe anunciou para outubro do ano que vén "xa se formulou hai sete anos, xusto dez días despois de que vostedes gañasen as eleccións do ano 2000 por unha ampla maioría". Sinalou que por aquel entón el non era nin presidente do Goberno nin sequera líder da oposición, e que foi, xa con el á fronte do Executivo, cando chegou o Plan Ibarretxe á Cámara e se rexeitou "porque non respectaba a legalidade".
Antes de concluír, Zapatero quixo lanzar unha mensaxe a Rajoy e un reproche. "España é porque é de todos; os símbolos, a bandeira e as institucións máis importantes do Estado sono porque son de todos", foi a mensaxe do presidente do Goberno ao líder da oposición e o reproche foi a falta de apoio para rexeitar a consulta de Ibarretxe. "Se esta proposta de consulta chegase sendo vostede presidente do Goberno eu teríalle dito 'Ten vostede todo o meu apoio para aplicar a lei e rexeitar esa consulta'", proclamou.
Cando menos nunha cousa están de acordo, nin a Xan nin a Pedro lles ten graza ningunha a proposta de consulta plantexada por Ibarretxe. Un tentará que non saia a diante, o outro tentará aparecer como salvagarda da escencia hispanica, satanizará a Ibarretxe, e a Zapatero para non ser menos, e xogará a apañar votos no río revolto.
Comentarios () |
|
|
|
|
|