
| Nacionalización en masa |
|
|
| F. X. Castiñeira | Martes, 09 de Outubro do 2007 | Sinaturas - F. X. Castiñeira | |||
En resumo, a quen beneficia tal medida de facer galegos con dereito a voto a miles de persoas?
Touriño cre que a el. Porén, hai quen considere que esa xente ten algo de galego?
Son dos que pensa que non, pola sinxela razón que se a emigración a América comezou a ser residual desde os anos cincuenta do século pasado, de tal xeito que un neto dun galego que marchase por aquela época con 20 anos tería agora entre sesenta ou setenta anos.
Coñecín a xente nesta situación que o único que coñecen da Galiza e o Real Madrid e a paella de lumbrigante. Curioso, e máis cando dicían que votaban no seu concello porque lle levaban os papeis alguén que lles estaba a solucionar a venda dunha leira recibida en herdanza “por mucha plata”.
A verdade é que sigo sen entender que lles debemos os galegos xa a esta xente que marchou hai máis de cen anos, desvinculados destes pagos, cando temos galegos de color (negro, amarelo e branco) que traballan aquí, pagan aquí e aprenden galego aquí e espallan a nosa cultura.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|