Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Mensaxe de S. M. Rajoy Imprimir Correo-e
  • Currently 4.8/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 4.8/5 (19 votos totais)

Beatriz Guiance   |   Xoves, 11 de Outubro do 2007   |   Beatriz Guiance
Image Mariano Rajoy sentiuse rei por case dous minutos, o que durou o chamamento aos españois para celebrar o 12 de outubro. Ao velo, pareceume o rei no seu discurso anual, un feito lamentable e ridículo. O Rei non debe estar nada contento, era o que lle faltaba logo da queima das fotografías, un imitador que quere ocupar o seu posto de xefe de estado.
MENSAXE DE S.M. RAJOY
 
O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, animou aos cidadáns a participar nos actos conmemorativos da 'Festa Nacional' que se celebran o 12 de outubro, e a "honrar e exhibir" a 'bandeira nacional', que, ao seu xuízo, é "de todos" e constitúe o símbolo que mellor representa a España en todo o mundo.
A bandeirá será de todos os españois non dos españois do PP. Bandeira nacional ou bandeira estatal? porque a bandeira nacional que eu - redactora - e moitos outros neste país sentimos é a galega.

Os 'populares' queren celebrar este ano o 12 de outubro de maneira especial tralos últimos "ataques" aos símbolos e á Monarquía e, nese contexto, enmárcase a campaña 'Somos España' de 'Nuevas Generaciones', que está percorrendo municipios para convidar aos cidadáns a izar a bandeira española o día 12.

Quen ataca á coroa? Uns cantos queimabandeiras residuais ou a dereita que volve tirar polos seus fueros? O que ningunea ao Rei non será Rajoy?

"O símbolo de España, o símbolo da nación libre e democrática que formamos máis de corenta millóns de españois", afirma.

Isto sóname, a min que non o vivín, a aquela España grande e libre que tiveron que padecer os meus avós e os meus pais até que certo señor de Ferrol tivo a ben deixar este mundo.

Rajoy confesa que está "orgulloso de ser español". "E eu adiántome xa e digo a todos os españois: Feliz día da nación española! Feliz festa nacional!", conclúe a mensaxe lanzanda por Rajoy.

Que é un españoleiro xa se sabía, que é antigalego tamén, que a nación española non existe o sabe tamén até o máis burro, aínda que coa distorsión histórica que fan todo este fato de imperialistas centralistas todo borrego pensa que a españa existe desde o principio dos tempos.

Maxestade, Rajoy rei dos despropósitos e das irresponsabilidades, saiba que a España é apenas da época moderna, que é un estado no que conviven en máis ou menos harmonía varias nacións e que non é patrimonio seu nin unha bandeira nin o seu patrioteirismo barateiro.

Co seu discurso dividiu a España entre os 'bos españois' e os demais, os bos son os que poñan a bandeira española no seu balcón. Monopolizan bandeira, himno, etc.

Eu teño balcón, teño, mais ben sabe Deus que non onderá unha bandeira pendurada del, non só porque vostede mo diga senón porque a miña bandeira é a liberdade.

D. Juan Carlos I é o Rei do estado español, el é o único que como xefe do estado pode facer mensaxes institucionais, e o único que ningunea ao rei e o que o quere reducir á nada é o PP.

Xa non falo do discursiño burdo de Rajoy, lembremos o ninguneo ao que someteu o goberno Aznar ao Rei. O Rei non podía viaxar onde tiña planexado nin podía falar sen que fiscalizaran e - redactaran, me atrevería a dicir - as súas palabras.

Un respecto ao Rei, que foi e está sendo un garante da democracia, un respecto aos españois que nos sentimos agredidos polas palabras e os actos de Rajoy e máis do PP.

Cada un, dentro deste estado democrático, temos dereito a sentir a nosa nación e as nosas bandeiras e símbolos sen as imposicións de ninguén.

E o que queira adorar un trozo de pano bermello e marelo que o faga, mais sen llo impoñer a ninguén.

O PP busca confrontación, busca resucitar unha pantasma moi perigosa que mellor era que seguira dormida.

Para min o 12 de outubro é o día do Pilar - festa nacional xa a teño o 25 de xullo - e é festa na miña casa sempre porque é o día en que casaron os meus pais e tamén - coincidencias que ten a vida -  é o día en que eu cheguei á miña casa, cun mameluco cor de rosa e non envolta nunha bandeira.

Felicidades a todas as Pilares, leven a bandeira que leven no  seu corazón.

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (5)add
1
Djalminha
O sucesor do Rei, que medo!!!

11 de Outubro do 2007 - 13:20

2
Djalminha

11 de Outubro do 2007 - 13:21

3
Xandokas
A bandeira dos aficionados ao deporte non ten un boi negro no medio?

12 de Outubro do 2007 - 21:03

4
xan
seica sí

12 de Outubro do 2007 - 22:11

5
Anxo D
O día da raza...máis ben. O de Rajoy non ten nome. Cando perda as elecións virá á Galiza pretendendo gobernar e falar galego por sentirse galego...alguén terá que lle lembrar o contenido deste video. Ultra -español !!! Quén mo diría!!
Saúdos cansos deste pelele sen futuro.

13 de Outubro do 2007 - 10:30

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image