|
Paulo Liñeiro
|
Martes, 23 de Outubro do 2007 |
Sinaturas -
Paulo Liñeiro
|
 |
Mariano Rajoy restou importancia ao "cambio climático" aludindo a un curmán seu, profesor de Física da Universidade de Sevilla. "Eu deste asunto sei pouco, mais o meu curmán supoño que saberá e dí que non podemos converter esta cuestión nun grande problema mundial".
|
Rapidamente contestaron as asociacións ecoloxistas: Greenpeace, WWF/Adena e Ecoloxistas en Acción acusaron a Rajoy, de ser un "irresponsable" por tratar de negar unha evidencia científica como o cambio climático.
Poida que milleiros de científicos no mundo estean trabucados, pero, home, confiar as previsións sobre o futuro do planeta a un curmán, por moi catedrático de Física que sexa, resulta canto menos incrible.
Menos mal que Rajoy ten un curmán que se non, somos capaces de crernos o do cambio climático. Metéronnos un gol o Al Gore e ese grupo de 2500 científicos que se dedican a estudar unha cousa sen importancia. Grazas Marianico.
O novo programa electoral do PP para as próximas eleccións xerais será máis curto xa que "non é necesario" recoller medidas sobre o cambio climático. Habrá que preguntar ao curmán se é necesario cumprir o protocolo de Kioto?
Comentarios () |
|
|
|
|
|