Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Subvencionan o castelán? Imprimir Correo-e
  • Currently 4.7/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 4.7/5 (15 votos totais)

Beatriz Guiance   |   Sábado, 27 de Outubro do 2007   |
Image 
Subvencionan o castelán?, esta pode parecer unha pregunta inocente e incluso lóxica se a formulamos desde outra comunidade como Castela-León ou Murcia.

Mais que ten de lóxico se a formulamos desde a Galiza? E se quen subvenciona é o propio goberno galego? E máis aínda, e se os subvencionados son medios de comunicación galegos (cando menos de nome) que empregan o castelán nun 96% das informacións?

Tería lóxica primar a un xornal que veta a quen quere redactar, entrevistar ou ser entrevistado en galego na Galiza?

Debería ser unha brincadeira, mais de brincadeira non ten máis que a mofa que nos están a facer cos nosos cartos. 

Con toda a razón, o BNG pide no Parlamento que non se subvencione aos xornais que "nin respectan nin fomentan o galego".

Bieito Lobeira, deputado do BNG, preguntou este venres na Comisión Primeira do Parlamento sobre o fomento do uso do galego nos medios de comunicación do país.

A pregunta de Lobeira viña acompañada de datos obxecivos e evidentes, traducidos nun informe provinte dun traballo realizado por estudantes de xornalismo. O que calquera ve a pouco que mire para un xornal - sobre todo os de grande difusión... e grande peto diría tamén eu - é que o galego brila máis pola súa ausencia que pola súa presenza, que se ve reducida na meirande parte dos casos a unha páxina de cultura. Logo, eses mesmos medios enchen o peto cos cartos que lles proporcionan as subvencións que o goberno galego dá por promocionar o idioma nos medios.

O dato constatado polo informe delata que a Xunta está a subvencionar o castelán, xa que é nesa lingua na que se redactan o 96% das informacións nos xornais de maior difusión do país.

E aínda máis diría eu, os hai que fan publicidade na televisión con anuncios cargados de tópicos e autoproclamándose a verdadeira voz da Galiza e dos galegos, apenas esquencendo entre tanto autobombo que a voz da Galiza, a voz do pobo galego, fala en galego.

É lexítimo cobrar por ser a voz dun pobo expresándose na lingua doutro? cobrar por promocionar unha lingua cando máis ben a estás vetando?

Cantos xornais hai na Galiza que estean integramente en galego? Cantos xornais dos que están en galego cobran en subvencións o que cobran os que se expresan en español?

Boas preguntas, mágoa de respostas.

Lobeira espuxo tamén a denuncia realizada polo Sindicato de Xornalistas da “falla de liberdade á hora de poder informar en galego”, xa que os profesionais da información se ven obrigados a “traducir comunicados e entrevistas en galego e mesmo declaracións entrecomilladas”.

Para o voceiro do BNG en temas lingüísticos, existen “vetos” que prohiben a utilización “do galego cando o solicita o entrevistado”, polo que asegurou non entender como estes medios de comunicación poden receber axudas polo fomento do galego.

Segundo asegurou Lobeira, “o resultado práctico é que os medios utilizan menos o galego que en 1977” e pedíu que “remate esta dinámica de discriminación aberrante".

O voceiro do BNG insistíu en que o goberno debe subvencionar aos medios “con criterios que sexan positivos para o país e pode cortar as subvencións cando o considera oportuno”. Asi, o deputado quixo saber se “esta política se vai manter ou se vai modificar”, ao tempo que asegurou que os convenios seguen a existir e que no segundo cuatrimestre deste ano tiñan un orzamento de millón e medio de euros.

A todo isto, seguro que a máis de un lle interesa saber de que cifras estamos a falar, porque as axudas son moi apetecibles e se están dando por pouco máis que nada, a torta máis grande repártese entre os que deberían levar faragullas ou pasar lambendo.

Segundo as propias palabras de Fernando Salgado, secretario xeral de comunicación, hai dúas liñas de axudas existentes na actualidade no noso país: a primeira para todos os medios escritos, radios e prensa electrónica que difundan algunha noticia en galego (dotada este ano con 2.243.836 euros) e a segunda para as publicacións integramente en galego normativo (640.000 euros).

Salgado defendeu os criterios do goberno galego, aínda que admitíu que non está “satisfeito dos resultados obtidos de presenza do galego nos medios”.

Pois menos mal que non está satisfeito...

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (2)add
1
LOIS DE SILÁN
"Lobeira... pediu que remate "esta dinámica de discriminación aberrante""...Mmmm.. O Lobeira ben sabe que en vez de repetir sempre o mesmo PODÍA implementar a necesaria LEI DE USOS LINGÜÍSTICOS NA GALIZA, clareadora dos dereitos, obrigas e cargas de todos XA EXISTENTES no ordenamento vixente e aplicábel en materia de dereitos lingüísticos!

"Fernando Salgado, describiu as dúas liñas de axudas existentes na actualidade en Galiza: a primeira para todos os medios escritos, radios e prensa electrónica que difundan algunha noticia en galego (dotada este ano con 2.243.836 euros); a segunda para as publicacións integramente en galego normativo (640.000 euros)". Mmm, coido que queda MOI claro: 2.243.836€ para o castelán na Galiza, e 0.640.000€ para o galego na Galiza. Ou dito en millóns de euros: 2,2 para o castelán e 0,6 para o galego (2,2/0,6=3,6).

Mais, sinceramente, que carallo esperabades!

A quen se lle ocorre pagar para que outros cumpran coas súas obrigas!

O problema segue a estar en non recoñecer os DEREITOS E OBRIGAS LINGÜÍSTICAS establecidas no ordenamento xurídico vixente e aplicábel!

Houbovos interesados en espallar a crenza (que non a idea!) de que o galego ou o castelán se usan se un quere na Galiza...coma se non houbese dereitos e obrigas ó respecto. A esa crenza, é certo, contribúen algúns profesionais (xudicatura, avogacía, lingüístas, escritores,... parlamentarios) e outros ESPECIALISTAS EN TODO, regando informacións carentes da máis mínima lóxica iuslingüística.

Agora colleron o vicio as editoras xornalísticas e mais outros operadores lingüísticos e xa non vai ser doado facerlles entender que NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, sen prexuízo de usarmos linguas alleas con quen lexitimamente descoñeza a propia do territorio (arts. 27 PIDCP, 3.3 e 14 CE,...)

Haivos moito galegoexterminador mascarado de amigo do galego!


27 de Outubro do 2007 - 13:57

2
Djalminha
Excelente artigo de Beatriz e o comentario de Lois de Silán.
Grazas.

29 de Outubro do 2007 - 11:28

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image