
| Se Polanco levantara a cabeza |
|
|
| Paulo Liñeiro | Domingo, 28 de Outubro do 2007 | Paulo Liñeiro | |||
Primeiro a desaparición de Jesús de Polanco e en segundo lugar os novos mandatarios non queren compartir o espazo de centro-esquerda que ocupaban con outro grupo de comunicación que lles quita todo o fútbol da liga estatal para o 2009.
Os 'amigos' de Zapatero son dos máis destacados accionistas, directivos e promotores da cadea de televisión La Sexta, da que é accionista a produtora MEDIAPRO (propietario dos dereitos televisivos dos clubs de fútbol para o 2009), presidida por Jaime Roures, promove tamén o novo xornal Público.
Os amigos de Zapatero son os inimigos do Grupo Prisa e polo tanto, o que era non fai moito o Grupo Prisa de Polanco afín ao PSOE converteuse noutro medio máis en favor do PP.
Ademais como remate, o diario O País (agora GLOBAL, eu diría POPULAR) recibiu un alude de protestas polo editorial contra o Che publicado o pasado 10 de outubro baixo o título 'Caudillo Guevara', onde se cualificaba de "asasino" ao guerrilleiro, afirmábase que a súa loita lexitimaba ás ditaduras e chegábase a comparar cun terrorista ou un yihadista. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|