|
Redacción MundoGaliza
|
Luns, 05 de Novembro do 2007 |
Sinaturas -
Paulo Liñeiro
|
 |
Sempre houbo e sempre haberá pelexas e agresións (moitas en idade escolar), é unha parte animal e bruta que forma parte do ser humano. |
Habitualmente, nunha pelexa adoita haber un vencedor que sae reforzado dentro do grupo no que se move, adquire un respecto pola súa forza, converténdose nun futuro líder. Por outra beira o perdedor queda psicologicamente moi tocado.
O feito de que unha pelexa ou unha agresión se graven nun teléfono móbil soamente é cuestión da época na que vivimos, cos seus avances tecnolóxicos. Antes cando había unha pelexa formábase un corrillo arredor dela para 'animar' e 'gozar do espectáculo', até que chegaba un maior e terminábase a 'diversión'. Agora o importante é gravalo nun vídeo para poder lembrar unha e outra vez o espectáculo, para mandarllo aos colegas ou a outros aos que queren asustar.
Que medidas se poden tomar? En xeral, todos (pais, profesores, ...) teñen que facer ver aos nenos todos os actos solidarios que hai ao seu arredor, que coñezan a importancia que teñen para a vida e subsistencia de moitas persoas (a Cruz Vermella, ONGs, ...) e animar a participar aos nenos deses proxectos solidarios desde pequenos. En definitiva facer unha sociedade con máis corazón.
Comentarios () |
|
|
|
|
|