
| Aznar chama desleal a Zapatero |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Martes, 06 de Novembro do 2007 | Estatal | |||
Éstas foron algunhas das declaracións que realizou durante a presentación do seu terceiro libro 'Cartas a un mozo español' -que publicou a editorial Planeta-, no que a través dunha serie de misivas dirixidas a Santiago, un mozo universitario, Aznar reflexiona sobre a liberdade, a nación, o terrorismo, a educación, a familia ou os valores.
A plana maior do Partido Popular quixo acompañar ao ex-xefe do Executivo. Asistiron, entre outros, a súa esposa Ana Botella; o líder do PP, Mariano Rajoy; o presidente de honra do partido, Manuel Fraga; a presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre; o alcalde de Madrid, Alberto Ruiz Gallardón; e o secretario xeral do PP, Angel Acebes. O melloriña de cada casa!
Para o presidente da FAES, ao terrorismo hai que combatelo e derrotalo porque "as políticas de apaciguamento" son "ineficaces" e "contraproducentes", é máis, indicou que "a negociación política" cos terroristas "alimenta o rearmamento moral" dos mesmos e esa, "é a peor das concesións". Na súa longa intervención, o ex-xefe do Executivo cargou duramente contra o Executivo socialista, ao que acusou de romper todos os consensos e actuar con "deslealdade". A "maior deslealdade", dixo, produciuse co Acordo polas Liberdades e contra o Terrorismo porque, mentres Zapatero "asinaba este pacto, empezaba á vez negociacións secretas cos terroristas". Pensa o ladrón que son todos da súa condición? Pénsao realmente ou só quere que outros o pensen? Ao seu xuízo, esa "falta de principios" imperou nesta lexislatura de Zapatero, ao que acusou de practicar a política de "negociar o que sexa, como sexa e con quen sexa". "Ao final, vai resultar que son marxistas, pero de Groucho Marx, cando dicía: 'Estes son os meus principios, pero se non lle gustan teño outros'", ironizou, cultivando un aplauso do auditorio. E se crerá gracioso... será polo mostacho que loce, mágoa que lle falte un habano para cotemplar a caricatura, que non parece senón que falar de si mesmo. Tampouco faltaron as críticas aos nacionalismos que, segundo dixo, "arrinconan a liberdade da persoa para enxalzar unha suposta liberdade da colectividade" e poden chegar a converterse en "inimigos da liberdade". "En España, coñecemos moi ben o aroma totalitario que rezuman os nacionalismos radicais", sostivo, tras defender a unidade da nación española.
Que nacionalismo é o máis radical? O nacionalismo español que promove un radical, inimigo da liberdade, da verdade e da democracia como el ou un nacionalismo democrático defendido por calquera das nacións que conforman o noso estado, plural e con cultura democrática?
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|