|
Aznar insiste na teoría da conspiración |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Mércores, 07 de Novembro do 2007 |
Estatal
|
 |
O ex-presidente do Goberno José María Aznar reiterou que "os que idearon" os atentados terroristas do 11 de marzo "non están nin en desertos remotos nin en montañas afastadas" e recalcou que "sexan quen sexan" conseguiron o seu obxectivo: "cambiar o curso político de España". |
"Os que idearon estes atentados eu creo que non están nin en desertos remotos nin en montañas afastadas. Díxeno entón e repítoo agora, sexan quen sexan", manifestou.
O ex-presidente do Goberno sinalou que non pensa "en ninguén en especial" cando realiza esa afirmación, pero insistiu en que o 11-M tiña "un obxectivo moi especial", o de "cambiar o curso histórico de España".
O ex-xefe do Executivo indicou que da sentenza do 11-M "non se deduce" o que se dixo aqueles días: atentados (intervención en Iraq) a culpa é do Goberno, non dos terroristas».
Aznar criticou ao presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero , e considerou "inexplicable" que nos últimos tres anos puxéronse en cuestión as razóns que conduciron a España ao éxito histórico.
"Desgraciadamente, en España hai un presidente do Goberno que non reúne as condicións necesarias para selo", dixo Aznar.
Comentarios () |
|
|
|
|
|