Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Reganosa sen estudo de impacto ambiental Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 08 de Novembro do 2007   |   Galiza
reganosa3 
O eurodeputado de IU, Willy Meyer, presentou unha pregunta á Comisión Europea para saber se é consciente de que a planta regasificadora Reganosa na ría de Ferrol vulnera múltiples disposicións legais, españolas e comunitarias, relativas ao medioambiente e non está acompañado do apropiado estudo de impacto ambiental.  

Na súa pregunta parlamentaria, Meyer estima que a planta, autorizada definitivamente polas autoridades españolas, "polas características da súa situación pode supoñer un gravísimo risco para a vida na zona, para a riqueza pesqueira da ría e os postos de traballo que dela dependen".

Denuncia que "as autoridades españolas competentes optaron por non realizar un estudio de impacto ambiental, malia a magnitude e o risco que pode implicar este proxecto", algo que considerou máis incomprensible aínda tendo en conta que "en casos análogos, as administracións valenciana e vasca si o esixiron para as regasificadoras de Sagunto e Bilbao respectivamente".

Ademais de non ter este estudio, Meyer denuncia que a planta de gas non cumpre coa lexislación comunitaria polo que respecta á saída do gas ao mar en caso de emerxencia, tampouco respecta a necesaria zona de exclusión térmica arredor da planta, nin as medidas para controlar os riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan. 

Por este motivo, Meyer pregunta ao Executivo comunitario se ten coñecemento desta situación e se "considera que o proxecto desta planta de gas debería ser obxecto dunha avaliación de impacto ambiental".

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image