
| A acta de posta en servizo 'non legaliza' Reganosa |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Sábado, 10 de Novembro do 2007 | Sociedade | |||
Os membros da asociación, que desde o mes de xullo mantiñan un encerro reivindicativo na casa do concello de Mugardos, aseguraron que a acta de posta en servizo concedida á regasificadora "non legaliza a súa construción nin a súa actividade", xa que estiman que a licenza definitiva de actividade debe ser concedida polo Concello de Mugardos. Neste senso, recordan ao goberno local que existe unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de 2004, que anula a declaración ambiental de Reganosa. A sentenza non é firme porque está pendente de que se decida o recurso que a Xunta presentou ante o Tribunal Supremo. A Plataforma veciñal espera que "o alcalde e o seu grupo de goberno (BNG) sexan sensibles á legalidade e á xustiza social non concedendo esa licenza" até que, como mínimo, se resolva o recurso interposto pola Xunta e Reganosa ás sentenzas do TSXG. Os veciños realizarán unha asemblea aberta para valorar estas cuestións no Concello de Mugardos, hoxe sábado ás 17:00 horas. Segundo a información facilitada pola Plataforma, xa confirmaron a súa asistencia representantes de entidades vinculadas ao Comité, xunto con membros dos sindicatos CC.OO. e USTG, así como personalidades do ámbito político e cultural galego, como Xosé Manuel Beiras (membro da executiva nacional do BNG), Rosa Méndez, Lino Braxe, Xurxo Souto ou Eva Vega.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|