Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Cinco accidentes en tres meses Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 27 de Novembro do 2007   |   Galiza
ave O operario de 29 anos de idade e veciño de Vigo Guillermo G.C. que resultou ferido nas obras do AVE en Figueiredo, dentro do termo municipal ourensán de Maside, permanece ingresado no Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU) tras sufrir a amputación parcial da perna esquerda.  

O mozo pasou polo quirófano, onde o operaron durante varias horas, tras chegar "consciente e sedado" ao servizo de Urxencias do centro ourensán coa "amputación parcial da perna esquerda por baixo do xeonllo".

O mozo atopábase traballando e, cando se dispoñía a entrar no túnel de Figueiredo, unha máquina elevadora plataforma envorcou e deixou atrapado o operario, amputándolle parte da perna.

Con este accidente laboral, son un total de tres os sinistros que se produciron durante os últimos tres meses na provincia de Ourense nas obras do AVE. En total, xa son cinco os accidentes laborais que desde setembro se rexistraron na Comunidade galega, co resultado de dous mortos e oito feridos.

Os sindicatos UXT, CCOO e CIG consideran que as "presas" e a "presión" por cumprir cos prazos para a chegada do AVE a Galiza son as causantes dos cinco accidentes laborais rexistrados desde setembro.

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image