Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Blog en chave reivindicativa Imprimir Correo-e
  • Currently 3.7/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 3.7/5 (3 votos totais)

Xabier Pérez Igrexas   |   Luns, 26 de Novembro do 2007   |   Xabier Pérez Igrexas
Image Xabier Pérez Igrexas, apresentaba o pasado 14 de novembro a renuncia ao cargo de Vicepresidente da Asociación Veciñal « Val do Fragoso »  na que participara activamente dende 1998, asumindo diferentes responsabilidades no seo da mesma e da que é socio dende 1995.
A demisión que dixo « non desexada » foi segundo Pérez Igrexas « consecuencia de actuar con coherencia, provocada por un desencontro profundo e amplas diferenzas no seo da equipa directiva en relación ao funcionamento da asociación ».

Clarexa que a decisión non foi tomada por cansanzo ou falta de ganas de continuar a traballar nun proxecto ilusionante, e manifesta que está á disposición das/os socias/os da entidade. Nove días despois da renuncia, o 23 de novembro, lanzaba á Rede un blog en chave reinvidicativa.

[VDF Blog], como foi titulado, lánzase coa intención de « de convertelo non só nun meio de reflexión persoal sobre as problemáticas do noso bairro, senón tamén co humilde propósito de facer del unha ferramenta de reivindicación » como afirmou o seu autor no post de apresentación da bitácora.

« Este blog denunciará as deficiencias, reclamará o défice dotacional e urxirá respostas ás necesidades habitualmente obviadas. Sen conformismos nen medias tintas. » enfatízase no blog que pretende ser unha fiestra do barrio na Rede.

Os dúas primeiras entradas publicadas falan do Proxecto de Orzamentos Municipais para o exercicio 2008 que apenas destina 200.000€ para o Val do Fragoso,  e sobre a visita que o pasado venres 23 de novembro realizaba o Tenente de Alcalde, Santi Domínguez e varios concelleiros do BNG ao barrio.

Podese acceder ao blog no enderezo www.blogoteca.com/valdofragoso , e está aberto á participación das/os visitantes a través de comentarios.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Xabier Pérez Igrexas(Vigo, 07/08/1984) é articulista de opinión en diferentes medios de comunicación. Forma parte de Galiza Nova, a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego e pertence a diversos colectivos sociais.

Foi secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes e  membro da Dirección Nacional de Galiza Nova(organización xuvenil do BNG). Foi, así mesmo, membro do Consello Escolar de Galiza e representou aos CAE no Consello da Xuventude de Galiza. Pertenceu ao Consello Local e Comarcal do BNG de Vigo.

Formou parte de diferentes foros e plataformas políticas e cívicas: Plataforma Antitaurina de Vigo, Foro Galego de Solidariedade coa Revolución
Cubana, Plataforma Cidadá Nunca Máis, Instituto Galego de Estudos Veciñais…

Participou activamente do movemento veciñal da súa cidade, Vigo, desde 1998,
sendo Vicepresidente da A.V. Val do Fragoso até o 2007.

Na actualidade é membro da Dirección Comarcal de Galiza Nova de Vigo.

É autor do blog CONTRADISCURSO 3.0. www.contradiscurso.net