|
F. X. Castiñeira
|
Mércores, 28 de Novembro do 2007 |
Sinaturas -
F. X. Castiñeira
|
 |
O Bloque en Madrid logrou un golpe de efecto coa meditada abstención primeiro, e despois o voto en contra da reprobación da xestión, á fronte de Fomento, da ministra Álvarez.
|
O desbloqueo das transferencias a Galiza animou aos nacionalistas a mudar o sentido do seu voto ou unha posible crise no seo do bipartito na Xunta.
As dúas opcións planearon toda a tarde do martes 27 de novembro polos corredores do Congreso e polos móbiles de Quin&cia, de tal forma que Touriño tivo poñerse a traballar para mitigar o golpe de efecto bloqueiro.
Un día máis tarde, horas tal vez, o PSdeG poñía a funcionar a súa maquinaria mediática para neutralizar o efecto Rodríguez.
En breve estará Touriño en Madrid, antes que Quintana, para “avanzar nas demandas da cidadanía”, o que traducido do touriñolés quere dicir que “grazas a min (cidadán Touriño) Galicia avanza cara ao progreso con paso decidido e firme”.
Quen saiba máis de touriñolés, que traduza.
Comentarios () |
|
|
|
|
|