Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Uso da violencia policial Imprimir Correo-e
  • Currently 3.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 3.0/5 (2 votos totais)

Xabier Pérez Igrexas   |   Xoves, 29 de Novembro do 2007   |
movimento-1 O Goberno respalda a política baseada no uso da violencia policial
practicada por Manuel Ameijeiras. O Ministerio de Presidencia rexeitou a petición de demisión do Delegado de Goberno en Galiza realizada por varios cidadáns galegos á inicativa do MpDC

O Ministerio da Presidencia vén de amosar o seu respaldo ás accións levadas a cabo polo delegado do Goberno, Manuel Ameijeiras, en contra dos movementos sociais máis significativos dos últimos tempos na sociedade galega. O Movemento polos Dereitos Civís esixiu reiteradamente a demisión de Ameijeiras do seu cargo por ser o responsábel directo do uso da violencia policial contra todo tipo de manifestacións e movementos sociais, especialmente cruentos no que se refire ás actuacións na folga do metal de Vigo no 2006 e nas protestas de Ferrol contra a actividade de Reganosa.

Segundo a resposta emitida dende o Goberno á solicitude do MpDC do cese do Delegado, a Ministra de Presidencia, María Teresa Fernández de la Vega, afirmou que a decisión do uso “da coerción física por parte das forzas policiais” durante as protestas dos afectados pola posta en marcha da planta de regasificación “foi adoptada tras terse esgotado toda posibilidade menos lesiva, sendo en todo momento necesaria, progresiva en canto último recurso”. Con estas palabras a Ministra vén avalar unha política de criminalización dos cidadáns e do uso da coerción como primeira medida, mesmo antes de iniciar o diálogo social, asegurando incluso que a acción violenta tomouse coa “finalidade de evitar un mal maior do que causa”.

Dende Presidencia xustifican tamén sen rubor as medidas tomadas tras a detención do Patrón Maior da Confraría de Pescadores, argumentando que a actitude dos compañeiros que saíron na súa defensa . Deste modo, respalda a tese de Ameijeiras para xustificar por que se fai “necesario o recurso ao uso da forza”, acusando aos cidadáns de “atacar” aos efectivos das forzas armadas e culpabilizando aos galegos por tentar defender os seus dereitos. 

Coa súa declaración, o Ministerio de Presidencia avala a xestión do Delegado de Goberno, quen, como é ben sabido, é o responsable do uso da forza policial en praticamente todos os conflitos sociais rexistrados en Galiza nos últimos tempos, polo que o MpDC reitera a súa petición de cese inmediato de Manuel Ameijeiras.

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Xabier Pérez Igrexas(Vigo, 07/08/1984) é articulista de opinión en diferentes medios de comunicación. Forma parte de Galiza Nova, a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego e pertence a diversos colectivos sociais.

Foi secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes e  membro da Dirección Nacional de Galiza Nova(organización xuvenil do BNG). Foi, así mesmo, membro do Consello Escolar de Galiza e representou aos CAE no Consello da Xuventude de Galiza. Pertenceu ao Consello Local e Comarcal do BNG de Vigo.

Formou parte de diferentes foros e plataformas políticas e cívicas: Plataforma Antitaurina de Vigo, Foro Galego de Solidariedade coa Revolución
Cubana, Plataforma Cidadá Nunca Máis, Instituto Galego de Estudos Veciñais…

Participou activamente do movemento veciñal da súa cidade, Vigo, desde 1998,
sendo Vicepresidente da A.V. Val do Fragoso até o 2007.

Na actualidade é membro da Dirección Comarcal de Galiza Nova de Vigo.

É autor do blog CONTRADISCURSO 3.0. www.contradiscurso.net