 |
O pasado 18 de outubro a Asociación Veciñal « Val do Fragoso » solicitaba por escrito ser recibidos de maneira urxente polo Alcalde de Vigo, Abel Caballero, para falar das humanizacións das avenidas da Florida e Castrelos. |
Case un mes e meio despois Abel Caballero segue sen recibir ao colectivo veciñal, ao que nen tan sequer respostou.
O ex-vicepresidente da AV Val do Fragoso, Xabier Pérez Igrexas, denunciaba esta situación dende o seu blog ( www.blogoteca.com/valdofragoso ), afirmando que é algo « escandaloso e inaceptábel ».
Pérez Igrexas menciona nesa entrada no seu blog que « Caballero si tivo a ben reunirse cos comerciantes de AETRAVI e mesmo con outro colectivo, formal e legalmente non constituído pero non tivo oco na axenda para recibir aos representantes da veciñanza »
O ex-dirixente veciñal afirmou que inda que o feito de que o Alcalde non reciba á asociación veciñal xa revirte suficiente gravidade, esto agrávase cando consultando a súa axenda de previsións constatase entre outros que o socialista Abel Caballero si ten tempo para recibir a directivos de Alcampo e Ikea, como sucedeu onte día 30.
Previsións do Venres 30 de novembro de 2007
(Tiradas da web do Concello).
10:00 O alcalde, Abel Caballero, reúnese con representantes do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais (SÓ GRÁFICOS)
10:30 O alcalde, Abel Caballero, recibe os directores dos centros comerciais que Alcampo ten na cidade (SÓ GRÁFICOS)
11:00 A concelleira de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo, Chus Lago, xunto con representantes de Mercados vigueses, presenta una xornada de Sanidade nos Mercados Municipais
11:30 O tenente de alcalde, Santi Domínguez, visita o mercado do Progreso
11:30 O alcalde, Abel Caballero, recibe a representantes de IKEA (SÓ GRÁFICOS)
12:15 O alcalde recibe os representantes das Asociacións de Transportistas da cidade
12:30 O alcalde, Abel Caballero, presenta a nova normativa de acceso ao casco urbano de tráfico pesado e a sinalización
12:45 O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presenta o Memorial Belarmino Alonso
14:00 O alcalde, Abel Caballero, clausura as III Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatizacón Industrial
17:00 O alcalde, Abel Caballero, asiste ao XV aniversario da Titulación de Enxeñería de Minas
18:00 O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e as concelleiras María Méndez e Elena Maure asisten á entrega dos premios Aproin "Edificio Galego 10"
20:30 Festival de Música de Vigo "Are-More"
20:30 O alcalde, Abel Caballero, asiste á cea-aniversario do Club Financiero de Vigo.
Comentarios () |
|
|
|
|
|