|
Chávez expulsará ás empresas españolas se o PP gaña |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Domingo, 02 de Decembro do 2007 |
Internacional
|
 |
A tan só unhas horas de que se celebre en Venezuela o referendo polo que os cidadáns decidirán se aceptan ou non a reforma constitucional proposta polo presidente venezuelano, Hugo Chávez, o xefe de Estado parece seguir querendo extraer rédito político do seu enfrontamento co Rei e con José María Aznar. |
Se antes ameazou con nacionalizar os bancos españois (BBVA e Santander) que operan en Venezuela se o Rei non lle pide desculpas por terlle dito o xa famoso "Por que non calas?", hoxe Chávez foi un paso máis aló e advertiu de que se o PP, partido do que Aznar é presidente de Honra, gaña as eleccións xerais de marzo de 2008, as empresas españois presentes neste país latinoamericano "terían que irse", facendo unha mención especial ao presidente do Banco de Venezuela/Grupo Santander, Michel J. Goguikian, e á petroleira Repsol.
"Rógalle Michel a Deus que gañe outra vez José Luís Rodríguez Zapatero", proclamou Chávez, que engadiu que "se gaña a dereita outra vez que se esquezan os españois" de operar as súas empresas en Venezuela. "Até Repsol que está aquí tería que irse", agregou.
O presidente venezuelano Hugo Chávez dixo onte que espera a que o Rei Juan Carlos faga pública a súa "suposta reflexión" tralo enfrontamento verbal rexistrado durante o último Cumio Iberoamericano, porque "non queremos agravar a situación co Goberno da España e esperaremos", á vez que insinuou un "posible contacto" en próximas datas recoñecendo que o presidente do Goberno José Luís Rodríguez Zapatero, é alguén "co que se pode falar".
Comentarios () |
|
|
|
|
|