Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Orozco segue no PSdeG Imprimir Correo-e
  • Currently 3.7/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 3.7/5 (3 votos totais)

Paulo Liñeiro   |   Sábado, 01 de Decembro do 2007   |   Paulo Liñeiro
Image
PSdeG recomendou ao BNG que "non se ampare en falsas coartadas" para evitar expulsar das súas ringleiras aos concelleiros de Muros, Corcubión e Porto do Son, expedientados por non respectar os acordos de Goberno subscritos tralas eleccións do 27 de maio.

Nesta semana, varios membros do PSdeG recordaron ao BNG que aínda mantiñan nas súas filas aos concelleiros de Muros, Corcubión e Porto do Son. Ademais, contrapuxeron a dilación do Bloque coa actitude do seu partido, no que "cando se deu un caso semellante, actuou con celeridade, activándose a expulsión inmediata, como no caso de Pontecesures".

Orozco non é outro caso semellante? 
Polo feito de ser un alcalde de cidade non pode recibir outro trato distinto ao recebido por calquera outro alcalde. Orozco leva desde o 27 de maio apoiándose no PP para sacar adiante todas as súas propostas para a cidade de Lugo. Agora tamén ten un preacordo co PP para aprobar os orzamentos do vindeiro ano.

Claramente, Orozco incumpriu e segue incumprindo os acordos de Goberno subscritos tralas eleccións do 27 de maio entre PSdeG e BNG, apartando ao BNG de Lugo de todas as súas decisións.

Señores do PSdeG, antes de tirar a pedra mirade se estades libres de pecado, non esixades ao BNG o que non sodes capaces de facer vós co alcalde de Lugo.
Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image