
| O Medio Ambiente en Galicia: Situación actual |
|
|
| Adela Figueroa | Martes, 04 de Decembro do 2007 | Sinaturas - Adela Figueroa | ||||||||
As nosas paisaxens son paisaxes labradas por unha cultura agrícola de altisima rendibilidade feita a custo dun intenso e incansable traballo. Os parámetros desta cultura basearonse na autosubsistencia feita desde as profundezas de cada curruncho do noso territorio. Esto deu como resultado o labrado case total da nosa paisaxe e do entorno en que se desenvolve. Por iso as intervencións actuais ,para procurar recursos ou para facer vias de comunicación, feitas desde unha optica de rendibilidade a curto prazo, e con descoñecemento das orixens e formas do entorno, resultan, na sua totalidade (atrevémonos a dicilo) de grande impacto.
Ambiental, social e económico.
Esto xera un grande desequilibrio tanto ambiental como social( abandono das antigas formas de vida, das antigas normas de explotación dos recursos , do tecido económico, das regras ambientais de perdurabilidade existentes, das antigas normas sociais....). Por iso é imprescindible que tomemos a responsabilidade de reconducir as agresions ao entorno que xera unha economia de mercado. Sobre todo o territorio da Galiza, nomeadamente nas zonas mais recuadas que foron as que mantiveron as formas de vida mais autosustentables . Esto foi así pola necesidade de autosuficiencia dos habitantes desas zonas. A complexa cultura xerada polas necesidades anteditas maniféstase en todos os eidos da vida, tanto nos costumes , nos traballos ou nos saberes tradicionais que foran os que permitiran a sobrevivencia nas condicions de aillamento e de dureza do medio. Esto é particularmente visible no Courel: Soutos cultivados , prados de rega nas inclinacions incribeis das montañas, leiras cultivadas aproveitando as vagoadas, construcións adaptadas a orografia e clima da zona, etc.
Aldea no alto do Candan na subida ao monte do Coco.
A premisa de que partimos mais acima é de que o medio , tal como o vemos na Galiza ,foi un producto da actividade humana, a través dunha cultura complexa e depurada que permitiu a sobrevivencia ao longo do tempo. Tamén que iso é particularmente salientable nas nosas zonas montañosas como no Courel, manzaneda, etc... O Reto do Desenvolvimento: Temos que saber condicir as necesidades económicas do desenvolvimento moderno có respeto ao noso entorno, o que é o mesmo que dicir á nosa cultura ou a nos mesmas/as. Tamén pola necesidade económica e pragmática de facer que os nosos recursos se conserven ao longo do tempo .coa mesma filosofia que guiou aos nosos antepasados. Non podemos seguir polo camiño de destruir todos os recursos perdurables en favor de actividades de alta incidencia no medio como as canteiras a ceo aberto.
Entullos de pizarreiras no Courel
Na actualidade non hai muito polo que ser optimistas. Os rios mostran o efecto das carencias xeradas por un urbanismo descontrolado, onde as depuradoras non son eficientes na sua función, ou, os lameiros xerados non teñen onde seren absorvidos.As augas costeiras mostran o esgotamento producido pola sobreexplotación dos recursos ou pola contaminación. Non se exerce un control real sobre os verquidos industriais nen sobre os urbanos.A transformación da nosa paisaxe polas vias de comunicación é un feito real (un mal necesario, dícese,) mas non se ve que exista unha planificación que considere o deterioro paisaxistico como un condicionante no momento da planificación e tracexado das novas vias de conunicación. Así aparecen fenómenos, novos para nos os galegos, como as enxurradas que asulagan vilas ou estradas, causando os desasatres que xa vimos o ano pasado(Bueu, Vilagarcia, Oia, Cee), mais propios dun rexime de choivas marcadamente estacional como o mediterranéo que do noso atlántico.O medio ambiente en Galiza funcionou até agora, porque estivo traballado por anos e anos de esforzos e sacrificios.
Os Soutos protexen a aldea das enxurradas. Dan madeira e castañas e son sumidoiros de CO2. Aldea de Pacios da Serra a beira dos entullos das louseiras.
A construción de sucalcos e terrazas nas abas das montañas, os bosques de ribeira, os caneiros dos rios,ou os pardos de rega, non son mais que pequenos exemplos de como se debuxa unha paisaxe e de como se conservan os solos de labor e a saúde das augas. O Balance hidrico está aqui mui condicionado pola distribución dos cultivos separados por sebes arborizadas que debuxan esa típica paisaxe reticulada de tantos outeiriños como o de Bazar,Orbazai, etc, nas proximidades de Lugo. O campos eólicos instalanse nos cumios , ate agora protexidos, das montañas abrindo pistas e alterando fondamente o equilibrio do ciclo hidrolóxico, tan importante no mantimento da fertilidade dos solos dos vales. Así aconteceu no Xistral onde as turbeiras de cobertor foron destruidas na construción dos viais do Parque eólico. Drenadas agora están a secar e xa non poden acumulabar o exceso de auga no inverno, impedindo que esta caise en destructoras enxurradas pola pendente abaixo, nen ceibabala polo verao mainiñamente garantindo o seu aporte as terras de labor dos vales.Agora todo a estructura social labrega e rural está en causa. Falta o estímulo para continuar a coidar e tallar o entorno que foi a característica do agro galego. O Medio como xerador de Emprego á maneira intelixente de focalizar o desenvolvimento é a de xerar emprego desde o control e traballo có medio. De outra maneira os habitantes iranse a outros lugares, e este ficará unicamente para uso das industrias estractivas. Todo o complexo entorno construido irse-a , degradandose e facendose mais e mais inabitable. Desta maneira ir imos camiñar para unha progresiva e masiva urbanización da sociedade que, como sabemos trae consigo muitos problemas ambientais ( acumulación de residuos,incendios forestais, cheas dos rios, perda de solo, incremento das emisions de GEI, etc)As poboacions rurais xogan um importante papel no mantimento do medio de xeito sustentable.
Destruizon despois do lume
Para coonservar o entorno e para contemplar un desenvolvimento sustentable é imprescindible fixar poboación no rural. Mas debemos de intervir canto antes. Porque a cultura que fixo que se construisen muiños de auga, caneiros nos rios, sequeiros de castañas ou hórreos funcionais, levou muitos anos a ser elaborada, e pode desaparecer en mui poucos. Para iso é imprescindible criar niños de postos de traballo que apliquen as novas tendencias laborais aos vellos saberes, que propicien a evolución social, non a ruptura e o abandono.O coidado do ambiente foi o fornecedor de traballo secular deste País. Hoxe existen novas formas de explotación do ambiente, que temos que saber facer compatibles co perdurabilidade dos recursos, cun Desenvolvimento Sustentable, tanto para Galiza como , nun mundo globalizado, para o resto da Terra. Este é o empeño dos que traballan na ecoloxia e é o repto que se lles poe aos Governos. Para cumplir coa acordo de Kioto hai que facer un xiro de 180 graos na optica que os políticos e grandes emprenteiros teñen do seu traballo. Acabamos de ver como en Australia a cidadania retiroulle a sua confianza a un governo desrespeitoso có ambiente, para darlla a un novo que pormete que aplicará o acordo de Kioto e axustará a sua economia á redución de emisions de Gases de Efecto Invernadoiro.Todo un avance de por donde teñen que ir as cousas.
Adela Figueroa Panisse
|
||||||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|
|
||||