
| Incumprimento dos orzamentos para o AVE galego |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Venres, 07 de Decembro do 2007 | Estatal | |||
Existe unha grande diferenza entre as cifras que se plasman nos Orzamentos Xerais do Estado e o que finalmente se inviste. Unha das escasas pistas respecto ao nível de execución orzamentario son as contas do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), unha sociedade estatal que na Galiza constrúe o eixo de alta velocidade Santiago-Ourense, valorado nuns 1.800 millóns de euros. Nestas contas, recentemente publicadas, o ADIF admite que nesta liña de AVE só se gastaron 327 millóns de euros desde o inicio das obras até o 31 de decembro do 2006, a pesar de que nos exercicios do 2005 e do 2006 o Goberno orzou para este tramo 622 millóns de euros. Así, no exercicio correspondente ao 2006 tan só se investiron para o trazado Santiago-Ourense 190 millóns de euros, a pesar de que os Orzamentos Xerais do Estado para ese ano comprometeran 397,2 millóns. En 2005 se gastaron 137 millóns de euros dos 224,5 adxudicados.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|