|
Paulo Liñeiro
|
Martes, 11 de Decembro do 2007 |
Paulo Liñeiro
|
 |
Ímosnos achegando á festa do fútbol galego, un día ao ano para enxalzar a nosa identidade. As crises no fútbol só parecen ter importancia cando obtemos malos resultados. Isto agrávase porque nos atopamos ademais cunha moi mala situación económica nos nosos equipos máis importantes: Deportivo e Celta.
|
Unha economía que levou a estes clubs a vender aos seus mellores xogadores nos últimos anos, pero inexplicablemente aínda seguen con débedas astronómicas, non hai responsabilidade xurídica para os directivos?
Esta situación económica é en grande parte a causante desta situación na que nos atopamos, coa posibilidade bastante real de quedarnos sen equipos galegos en primeira división.
A solución é complicada a curto prazo, mais debería ir encamiñada a empezar a utilizar a canteira, un xogador de casa é tan bo como moitos dos que veñen, só falta valentía para facer que xoguen habitualmente. Loxicamente habería que complementar os equipos con algúns xogadores estranxeiros nas posicións onde falle a canteira (non moitos, porque endebedan ao club e só quentan banquiño).
Creo que se pode ter equipos do nível dos actuais dando esta oportunidade á canteira, ademais dun espírito máis noso nos equipos (non só un día de festa do fútbol galego ao ano) obteriamos unha economía saneada.
E pensar que non hai tantos anos tiñamos tres equipos en primeira división...
Comentarios () |
|
|
|
|
|