Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Florida, Castrelos e un Alcalde xordo Imprimir Correo-e
  • Currently 4.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 4.0/5 (4 votos totais)

Xabier Pérez Igrexas   |   Xoves, 13 de Decembro do 2007   |   Xabier Pérez Igrexas
xabier Abel Caballero trala xunta de governo local celebrada o pasado luns 10 de decembro, anunciaba que os proxectos de humanización das avenidas da Florida e Castrelos estaban aprobados e que ían ser remitidos á Consellaría de
Ordenación Territorial, que será a encargada de financiar os case 12 millóns de euros que custarán as obras
A humanización desas avenidas, que son as principais vías do barrio e dúas arterias importantes da cidade, é unha vella reivindicación da veciñanza. A Asociación Veciñal "Val do Fragoso" traballou arreo na pasada lexislatura para conseguir desbloquear os proxectos que ficaban no caixón do maior desinterese da anterior alcaldesa, a popular Corina Porro. Xuntanzas coa
delegada da COTOP, cos anteriores concelleiros de Vías e Obras e distrito, coa Alcaldesa, numerosos escritos e mesmo unha moción apresentada polo BNG e que foi aprobada pola unanimidade do pleno, foron en síntese as actuacións da asociación urxindo a actuación na Florida e Castrelos.

Porén o governo municipal anterior sí presentou, froito dese traballo de reivindicación, á  A.V. Val do Fragoso a documentación e o deseño dos proxectos de humanización.

Abel Caballero pola contra, ao igual que os concelleiros Isaura Abelairas, Vías e Obras, e Xulio Calviño, Mobilidade, ignorou sistematicamente á entidade socialmente máis representativa do barrio, obviando a opinión da veciñanza residente nuns proxectos que lles afectarán directamente, nunha actitude escandalosa, antidemocrática e prepotente. O Alcalde si recibiu mesmo a un reducido grupo de comerciantes que non estaban constituidos formalmente, pero na súa axenda de previsións na que ten tempo para recibir a directivos de Alcampo ou Ikea non tivo vontade política de escoitar á Asociación Veciñal "Val do Fragoso" que a día de hoxe segue a descoñecer as modificacións feitas no proxecto.

Ogallá as obras rematen en 20 meses como dixo o Alcalde, e o seu resultado sexa satisfactorio, pois a veciñanza do barrio non merece menos. Pero se Abel Caballero non cambia de actitude, seguiremos a ter un Alcalde xordo, que é o primeiro síntoma da doenza do despotismo.

Asdo. Xabier Pérez Igrexas, Ex-Vicepresidente da Asociación Veciñal "Val do Fragoso".
http://www.blogoteca.com/valdofragoso

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Xabier Pérez Igrexas(Vigo, 07/08/1984) é articulista de opinión en diferentes medios de comunicación. Forma parte de Galiza Nova, a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego e pertence a diversos colectivos sociais.

Foi secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes e  membro da Dirección Nacional de Galiza Nova(organización xuvenil do BNG). Foi, así mesmo, membro do Consello Escolar de Galiza e representou aos CAE no Consello da Xuventude de Galiza. Pertenceu ao Consello Local e Comarcal do BNG de Vigo.

Formou parte de diferentes foros e plataformas políticas e cívicas: Plataforma Antitaurina de Vigo, Foro Galego de Solidariedade coa Revolución
Cubana, Plataforma Cidadá Nunca Máis, Instituto Galego de Estudos Veciñais…

Participou activamente do movemento veciñal da súa cidade, Vigo, desde 1998,
sendo Vicepresidente da A.V. Val do Fragoso até o 2007.

Na actualidade é membro da Dirección Comarcal de Galiza Nova de Vigo.

É autor do blog CONTRADISCURSO 3.0. www.contradiscurso.net