Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
O autoodio chega ao Parlamento Español Imprimir Correo-e
  • Currently 4.8/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 4.8/5 (26 votos totais)

Beatriz Guiance   |   Xoves, 13 de Decembro do 2007   |
bet3 Non nos vaiamos enganar, enganar á galega por non trabucarnos, que de enganarnos á galega e máis á española xa xoga o aspirante a todo e a nada don Mariano. O parlamento español non sofre de autoodio, apenas o seu capitán, capitán do autoodio verquendo por esa lingua zarabiperina na contra do pobo que o veu nacer.
O presidente do goberno Español, que demostra máis sensibilidade e ningún autoodio (xa que sempre tivo a gala a súa orixe), deulle toda unha lección ao descastado de Rajoy "É incríble que o presidente do Goberno, que é de León, teña máis sensibilidade cara o galego que o líder da opisición, que é da Galiza", espetoulle a un Mariano falto de argumentos.

Zapatero viña de se comprometer co deputado do BNG, Franciaco Rodríguez, a estudar a posibilidade de que os galegos puideramos ver, a través da Televisión Dixitalas canles de televisión portuguesas, como fórmula para potenciar o vínculo cultural e lingüístico entre a Galiza e Portugal.

Unha moi boa iniciativa e que non supón, acho, ningún trauma para Mariano... salvo que agora non entenda o galego que se fala nen dunha nen doutra marxe do Miño.

E xa o home como non sabía por onde estoupar, contou unha das súas marianadas mentireiras no parlamento, marianada que parecía máis sacada dagunha desas organizacionciñas antigalegas que dun parlamentario que quere presentarse á presidencia dun goberno.

Sexamos serios Mariano, pensas que alguén che vai crer que o español está perseguido na Galiza? Acaso haberá alguén que poida demostrar que non hai colexio en todo o país que non dea unha soa aula en español?

Deixa de criticar no congreso que Zapatero estea máis preocupado de que os galegos poidamos ver a televisión en portugués que de defender o castelán na educación galega.

A min dame televisión en portugués e en calquera outra lingua, que o saber non ocupa lugar, e deixa de defender o indefendible que a verdade sempre acaba por saír á luz... igual que os teus "hilillos de plastilina" que seguen a pulular polo mar.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (7)add
1
Djalminha
Bo artigo, Rajoy non ten nada de galego.

13 de Decembro do 2007 - 13:59

2
Alba
Igual só ten a partida de nacemento e bautismo, pero parece que iso non imprime carácter.

13 de Decembro do 2007 - 14:03

3
Rajoi



13 de Decembro do 2007 - 14:21

4
Alba
Deus non manda mentir...
Por certo o artigo boísimo, e Djalminha... o das túas fotos é unha pasada smilies/wink.gif

13 de Decembro do 2007 - 14:21

5
Ganesh
Creio que essa reivindicação a respeito das "canles" de televisão portuguesas na Galiza é apenas no sentido de fazer com que as crianças e jovens tenham contacto com o português (galego do sul do Minho). A programação em si não sei se varia muito num ou noutro lado da raia. Aqui no Brasil, temos por cabo a RTPi (Rádio e Televisão Portuguesa Internacional) e penso que é vista somente pelos imigrantes portugueses. A mim particularmente não me agrada a programação (vejo mais noticiário, filmes e documentários quando tenho tempo) mas creio que é devido à minha dificuldade de entender o sotaque lusitano (estranhamente entendo melhor o galego que o português europeu). Tive oportunidade de ver por Internet a TVG (Televisión de Galicia) e não a qualifico como muito diferente da televisão portuguesa mas de facto está num galego não muito próximo à realidade lingüística. Espero que a recepção das "canles" portuguesas venha a contribuir na normalização do galego entre os mais jovens (estes mais arredios ao galego e mais simpáticos ao castelhano). smilies/smiley.gif

15 de Decembro do 2007 - 17:53

6
Anxo D
Xa falará galego cando perda as vindeiras elecións. Xa virá co roio do "eu sempre me sentín galego" e falará do seu pedigrí...Xa virá...
Saúdos de volta e media e case-que de vacacións (por unhas horas de nada).

19 de Decembro do 2007 - 15:01

7
anton gonzalez
Moi bo artículo Beatriz. En canto ó Rajoy, a estas alturas da película, que íamos esperar ou é que xa non lembramos como cando era deputado no paralamento galego, negábase a falar en galego. Todo ten unha explicación moi simple: este é unha mestura de senhorito fidalgo cacique decimonónico con ideoloxía franquista. Sin máis.

20 de Decembro do 2007 - 12:01

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image