Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Os portugueses elixen Galiza Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Luns, 17 de Decembro do 2007   |   Portugal
galipor  O Nadal non é unha tempada de grande incidencia para o turismo porque os desprazamentos que se producen son daqueles que retornan para celebrar unhas festas que contan cun marcado carácter familiar.

Non acontece así para a noite de despedida do ano na que Galiza se converteu no destino favorito dos irmáns da outra marxe do Miño, que reservan hoteis e casas de turismo rural para cear, pasar a noite e dar a benvida aos doce meses seguintes.

O director xeral de Turismo, Rubén Lois, confirmou que este departamento ten coñecemento de que se vai producir unha "afluencia importante" de turistas procedentes de Portugal para os días 31 de decembro e 1 de xaneiro, sobre todo, para as zonas das Rías Baixas, A Coruña e Santiago.

Rubén Lois indicou que as reservas realizadas xa para eses días, e nesas zonas, son dun "modo maioritario" de cidadáns portugueses e mesmo revelou que existen algúns establecementos que, a estas alturas do mes, xa teñen completo para estes dous días. Nembargantes, de media prevese, neste momento, que a ocupación alcance un 70 por cento.

O máximo responsable de Turismo do Goberno galego indicou que os establecementos elixidos son hoteis e casas de turismo rural, que rexistraron un "repunte" nos últimos anos porque ofrecen, ao igual que os hoteis, un "pacote" que pode incluír cea e cotillón.

 

Comentarios (2)add
1
rajoicito
galiza con portugal

Decembro 18, 2007

2
Brath
Engade no mapa Asturias e xa temos a antiga Gallaecia smilies/grin.gif

Decembro 20, 2007

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image