Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Desexos para 2008 Imprimir Correo-e
F. X. Castiñeira   |   Xoves, 27 de Decembro do 2007   |   Sinaturas - F. X. Castiñeira
fran

Toca fin de ano e é hora de facer balance do sucedido en Galicia no 2007 e non se pode ser positivo, como o inefable Touriño, porque sempre queda algo máis. A autosatisfacción parece cousa de necios.

Continuamos falando do AVE outro ano máis, e os que nos quedan, porén cómpre establecer necesidades, ou priorizar en touriñolés, que son de carácter diario e que contribúen a vivir mellor e a agradar a cegada do famoso tren mentres se desenvolven outras actividades.

 

Mentres os políticos pensan que o AVE vai situar a Galicia na cabeceira do desenvolvemento, outras liñas de comunicación permanecen no ostracismo. Refírome á banda ancha, ADSL ou cabo, que tamén son motores de desenvolvemento e que están a prezos inalcanzables para o usuario e que as empresas galegas apenas saben utilizar para facer negocio.

 

A tan traída comparación con Irlanda di que o carácter isleño non lles fai preciso gastar cartos en AVES e por iso lideran o sector das tecnoloxías. Agora ben, mentres non chegue o famoso tren que temos que facer? Tirar de modem? Acaso non son compatibles trens e ADSL? Segundo un xuntista, non? Señor, señor...

 

A Galiza pagá ten que seguir afrontando o céntimo sanitario, as portaxes máis caras as telecomunicacións máis deficientes e agora un canon dixital por delincuentes futuros. Viva Madrid! E por riba pagando a electricidade a prezo de ouro, cando sae para a meseta das nosas portas. País!

 

Onde está pois o autogoberno?

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image