Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Os bispos predican contra o Goberno Imprimir Correo-e
  • Currently 4.8/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 4.8/5 (25 votos totais)

Beatriz Guiance   |   Luns, 31 de Decembro do 2007   |   Beatriz Guiance
Image Era un "acto litúrxico" mais acabou por se converter en toda unha reivindicación da familia tradicional cristiá, nunha pechada defensa do matrimonio exclusivamente entre home e muller e, sobre todo, nunha forte censura do aborto e do divorcio express. No encontro, organizado polo Arcebispado de Madrid, houbo oracións, unha procesión da Virxe da Almudena e até conexión co Vaticano para escoitar ao Papa.  
A cita serviu fundamentalmente para facer duras críticas a Zapatero. As maiores foron as do arzebispo de Valencia, Agustín García-Gasco, quen alertou sobre os ataques que sofre a familia porque "por ese camiño non se respecta a Constitución de 1978 e iso conduce á disolución da democracia". Iso quixeran eles... impoñer a súa "democracia"

Os organizadores da concentración pediran que non se levasen bandeiras mais do mesmo xeito que as bandeiras da España se uniron aos crucifixos, ao final tampouco se puido evitar que a relixión terminase fundíndose coa política. As palabras de García-Gasco non tiveron desperdizo

"A cultura do laicismo radical é unha fraude, un engano". "Só leva á desesperación polo camiño do aborto, do divorcio express e das ideoloxías que pretenden manipular a educación dos mozos", dixo arremetendo deste xeito contra a asignatura de educación para a cidadanía.

Desesperación? Habería que ver logo quen é o que manipula nas escolas.

O bispo de Bilbao e presidente da Conferencia Episcopal, Ricardo Blázquez, lembrou que a Igrexa non contempla ningunha "familia" que non estea fundada "sobre o matrimonio de home e muller". O arzebispo de Toledo, Antonio Cañizares, encargouse de recalcar que son tempos "non fáciles para a familia" porque "está sendo sacudida nos seus cimentos con lexislacións inicuas e inxustas".

Inxustas para quen?

Por defender os dereitos de xente, perseguida até hai pouco tanto pola sociedade incomprensiva como pola igrexa pouco cristiá e estados opresores, perde acaso dereitos quen xa os tiña?

rouco_varela3 Nesta liña, o remate correu a cargo da homilía de Antonio María Rouco Varela. O arzebispo de Madrid sinalou: "Entristécenos constatar que o noso ordenamento xurídico deu marcha atrás respecto da Declaración Universal dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas, recoñecida e establecida hai xa case 70 anos. A saber: que a familia é o núcleo natural e fundamental da sociedade e ten dereito a ser protexida pola sociedade e o Estado".   

Quen a desprotexe?

Meu Deus... eu fun a un colexio relixioso e desde logo as ensinanzas que recibín non foron esas. Máis caridade cristiá, máis ser un auténtico discípulo de Xesús e menos dedicarse á política, aínda por riba dunha política antisocial e concorde coa máis rancia dereita española.

E se eu levase unha bandeira galega cunha estrela vermella, estaría atentando contra a família?

Amén.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (7)add
1
eu
aí lle deche

31 de Decembro do 2007 - 13:59

2
anton gonzalez
Qué raro, onte non oín decir ren a Mari ano. Ai claro.! Onte tocáballe ó brazo naionalcatolicista da dereita espanhola.

Vomitivo oir falar a estos de dereitos humanos.

Cando virá un goberno que ponha a estos no su sitio sin medo? Por si lle cadra algún día, permítome apuntar brevemente 3 puntos que coido son elementales nunha democracia que mereza tal nome:
1.- Exclusión de calquer ensino ou manifestación relixiosa das escolas.
2.- Creencias relixiosas excluidas de calquer financiamento público.
3.- Obligatoriedade de manter o patrimonio histórico artístico en propiedade da Iglesia. En caso contrario: expropiación

31 de Decembro do 2007 - 18:35

3
rajoicito
O máis vergoñento, é ver a un galego encabezando a cruzada nacionalcatólica, outro lamecus do imperio; si levanta a testa Arauxo igreixas, meten medo.

31 de Decembro do 2007 - 20:57

4
Djalminha
Excelente artigo.

02 de Xaneiro do 2008 - 20:06

5
Djalminha

02 de Xaneiro do 2008 - 20:07

6
Xandokas
Acaso no será que os pederastas cada vez téñeno máis complicado???? smilies/grin.gif

02 de Xaneiro do 2008 - 22:00

7
Anxo D
Imaxino que xa tedes coñecemento do tema da folga de servizos de limpeza do Metro de Madrid. Pois ben, xusto o día desa liturxia sectaria, os servizos mínimos escomezaron a limpar estacións de Metro, mais...só as que están preto do lugar da liturxia (Praza de Colón, o lugar da bandeira espanhola máis grande, a escasos 200 metros da sede do PP).
Saúdos sospeitosos (Espe-Gallardón ó asqueroso servizo do PaPa).

09 de Xaneiro do 2008 - 16:11

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image