Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Primeiro cliente de Galp Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 08 de Xaneiro do 2008   |   Portugal
galp A portuguesa Galp Enerxía anunciou que logrou o seu primeiro cliente de gas natural na España, o grupo Saint Gobain, líder mundial na fabricación de vidro, e comezará abastecelo este mesmo mes de xaneiro.
No ámbito da estratexia de expansión das súas áreas de negocio a nível ibérico, Galp Enerxía asinou contratos de abastecemento de gas natural con dúas unidades do grupo Saint Gobain en España, a SG Vicasa Burgos, e SG Vetrotex, en Alcalá de Henares.

En comunicado, a petroleira portuguesa indica que os contratos asinados supoñen vendas superiores aos 50 millóns de metros cúbicos anuais. Saint Gobain xa era cliente de Galp en Portugal, onde o grupo ten dúas unidades. En España Saint-Gobain ten máis de 24 fábricas, que no seu conxunto representan un consumo superior aos 300 millóns de metros cúbicos, case un 20% do consumo do mercado industrial luso.

Galp Enerxía acadou en agosto de 2007 a licenza de comercialización de gas natural en España. Agora con estes contratos queda activada a entrada do grupo portugués no mercado do gas natural español, a través do segmento industrial, que representa un consumo anual de 15 mil millóns de metros cúbicos, case dez veces máis que o do mercado luso.

No comunicado Galp indica que pretende "pór en práctica o coñecemento adquirido durante dez anos no mercado portugués do gas natural, para situarse relevante, aproveitando as oportunidades de crecemento na España".
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image