 |
Desde a morte de Polanco moito cambiou o diario 'EL PAIS', non polo seu novo formato en papel senón pola inclusión de contidos moi críticos co goberno estatal, e en xeral con outros países onde goberna a esquerda.
|
O último é a inclusión no diario dunha columna que leva por título 'El Observador Global' de Moisés Naím, desde que case que en todos os seus artigos ten que atacar con obsesión a Chávez. Mais, quen é esta 'fichaxe'? Mirando o seu curriculum:
Moisés Naím dirixe a revista 'Foreign Policy'. Na portada do último número de 2007, presentábanos unha foto de George Bush con cara de preocupación, e titulaba: "Iraq non é culpa súa , é culpa túa". (culpa aos cidadáns estadounidenses que cada vez piden máis e están dispostos a sacrificar menos).
A revista está subvencionada por Carnegie Endowment for International Peace. Entre as entidades e organismos que fixeron donativos á fundación, e xa que logo á revista, están BP USA, Exxon Mobil, a fundación Ford, General Motors, a fundación Rockefeller e un longo etcétera.
O columnista Moisés Naím dirixe tamén o 'Grupo dos Cincuenta' (G-50) que está composto por un selecto grupo de executivos dalgunhas das máis importantes compañías do sector privado. Ten a súa base central en Washington. Este grupo opera ao amparo do Carnegie Endowment for International Peace.
Moisés Naím forma parte da dirección da fundación National Endowment for Democracy. A NED recibe unha subvención anual do congreso dos Estados Unidos.
Este 'personaxe' era ministro de Industria e Comercio co goberno venezuelano de Carlos Andrés Pérez cando sucedeu 'El Caracazo', unha revolta popular contra as reformas neoliberais do goberno que sumían na pobreza á poboación, que se solventaron producíndose centos de asasinatos de cidadáns por parte dás forzas de orde. A Corte Iberoamericana de Dereitos Humanos declarou responsable destes feitos ao Goberno de Venezuela.
Moisés Naím é responsable, en maior ou menor medida, de asasinatos segundo a citada Corte. Recordemos que Carlos Andrés Pérez segue sendo prófugo da xustiza venezuelana.
Quen impón ao PAIS a contratación de semellante personaxe? Terá que ver algo Aznar?
Imaxinan a Santiago Carrillo (que non ten nada que agochar salvo a feísima perruca do exilio) como columnista na RAZÓN ou no MUNDO?
Comentarios () |
|
|
|
|
|