|
Só hai clásicos en Pontevedra? |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Xoves, 10 de Xaneiro do 2008 |
Estatal
|
 |
O líder do PP, Mariano Rajoy, admitiu que se creou un "debate mundial" en torno á relación que mantén o presidente de Francia, Nicolas Sarkozy, coa cantante Carla Bruni. Ao preguntarlle polas críticas obtidas por airear a súa vida privada coma se fose un espectáculo, sinalou que "as opinións son libres" e agregou despois: "Eu para ben ou para mal son máis clásico, son de Pontevedra". |
Tras asegurar que mantén "boa relación" con Sarkozy, o líder do PP recoñeceu que hai un "debate mundial" sobre o noivado da parella mais recalcou que ao PP o que lle interesa é o amplo paquete de reformas que anunciou e que, ao seu xuízo, é "bo que se fagan". "A UE necesita reformas sobre todo no económico, e Alemaña e Francia teñen moito que facer", resaltou.
Rajoy indicou que, se o PP gaña as eleccións xerais do 9 de marzo, mirará a Europa para apostar por unha política exterior e de inmigración común e facer reformas económicas que melloren o nível de benestar e riqueza dos cidadáns.
Preguntado novamente polas críticas que suscitou o feito de que que estea a airear a súa vida privada, o presidente do PP respondeu concisamente: "As opinións son libres, que quere que lle diga...Eu nese sentido, para ben ou para mal segundo os xuízos, son máis clásico, son de Pontevedra. En Galicia somos como somos".
E como é que somos na Galiza Marianiño?
En Pontevedra somos clásicos ou ti es clásico?
Mellor dicir que a ti non che interesa que se airee a túa vida privada, independentemente de ser ou non pontevedrés, non si?
Comentarios () |
|
|
|
|
|