Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Insultos entre o PP e ERC Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Sábado, 12 de Xaneiro do 2008   |   Estatal
fraga2 ERC e máis o PP empregáronse a fundo nun cruzamento de insultos e descualificacións na Deputación Permanente do Congreso, logo de asegurar o voceiro de ERC, Joan Tardà, que o presidente de honra dos 'populares', Manuel Fraga, está "manchado de sangue" pola súa etapa de ministro do franquismo. 
A polémica suscitouse na última sesión parlamentar do Congreso (xa que as Cámaras se disolverán o martes que vén), cando a Deputación Permanente debatía a proposta do PP para poñer en marcha o proceso de ilegalización de ANV-EAE e o PCTV-EHAK.

Nun momento da súa intervención, cando facía fincapé en que ANV loitou contra o franquismo, Tardà preguntouse "onde estaba entón Manuel Fraga"??, o agora presidente de honra do PP. "Mentres dure o seu raca-raca durará o meu --soltoulle aos membros do Grupo Popular--. Non terán credibilidade mentres teñan como presidente de honra a Manuel Fraga, manchado de sangue". "Doe, pero vano oír", reiterou ante as airadas protestas dos deputados do PP.

E diría eu que se a non condea da violencia é un motivo para ilegalizar un partido, o PP tería que estar máis que ilegalizado porque a día de hoxe négase a condear o golpe do 36.

O voceiro republicano insistiu asegurando que "é un feito obxectivo" que Fraga "comandaba as forzas represoras franquistas cando cinco traballadores morreron a mans da Policía en 1976" (os sucesos de Vitoria) e que "era ministro cando se asasinou a Julián Grimau".

O voceiro do Grupo Popular, Eduardo Zaplana, pediu a palabra para saír en amparo do seu grupo e cualificou de "desprezables" as expresións de Tardà, de quen dixo que as súas intervencións gozan dun "respecto bastante baixo" na Cámara e ao que brindou "o maior dos desprezos" do PP.

Zaplana afirmou que Fraga tivo unha "importante participación" nos "grandes esforzos" para obter a democracia e para permitir que hoxe ERC poida defender unhas ideas "totalitarias e fascistas". Zaplana esixiu a retirada das descualificacións feitas por Tardà.

O dirixente de ERC reafirmouse nas súas palabras e agregou que ningunha democracia europea permitiría que se concedese a presidencia de honra dun partido a unha persoa que participase "activamente" no goberno dun ditador.

Mais España é a que é, e nas altas esferas do estado - xa con himno imperialista e de letra de máis que dubidosa calidade - seguen a estar os que están.

Máis ou menos afortunado nas súas declaracións, os únicos totalitarios e fascistas que seguen a pulular pola cámara son os Zaplanas, Acebes... and company (xa que lles ghusta tanto o inghés...)

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Artigos relacionados
  1. Fraga e a súa España

Image