Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Isaac Diaz Pardo e o Patrimonio Cultural Galego Imprimir Correo-e
Adela Figueroa   |   Domingo, 13 de Xaneiro do 2008   |   Sinaturas - Adela Figueroa
Image Polo común entendemos por patrimonio ao conxunto de bens que herdamos ou que podemos deixar como herdanza. Isaac Diaz Pardo é un home que, non só conservou muito dos bens que partillamos a xente da Galiza, mas tamen colaborou a incrementar eses bens.
A imaxe que temos de nós mesmos como povo diferenciado e como colectividade é construida a partir da paisaxe como medio natural e da estética e das formas que construimos cos instrumentos da nosa cultura.   

O Laboratorio de Formas de Sargadelos foi a idea revolucionaria nada da mente de Seoane e de Isaac coa que a modernidade expresou a estética de Galiza. Nelas sentímonos identificadas/os a maioria das/os galegas. Destrás da estética está sempre a ética que a inspira.

Tras as Formas do Laboratorio está a ética do compromiso e da fé nun povo, e non só. A crenza de que o povo, en xeral, ten o direito a expresarse libre e digno. De que a arte é dinamismo e liberdade e tamén identidade.

O Laboratorio de Formas de Sargadelos transformou as terras en creación humana. O mellor barro, os caolins de Burela nados do fogo da terra, mútanse en pezas fermosas identitarias e cun valor acrescentado muitas veces maior ao da mineiria estractiva que tantos estragos está a facer na Galiza. A partir deses caolins un inumero grupo de persoas traballan, crian, venden ou compran acrescentado a riqueza do País para alem de dar forma a nosa identidade.

O grande éxito de Isaac foi encontrar o nicho ecolóxico-empresarial que combinase a industria coa ética, a riqueza e a cultura. Que grande diferenza coas explotacións mineiras que só procuran o carto rápido estragando rios, desfacendo montañas, desrespeitando a saúde dos operarios e da Terra ( louseiras do Courel o Valdeorras, cuarcitas do Pico Sacro, minas de Rio Torto etc, etc).

Diaz Pardo conseguiu facer unha empresa cultural complexa que vai mais aló das cerámicas, pois a editorial do Castro, comprando a imprenta Moret da Coruña aceptou o compromiso de imprimir, sempre có selo da estética identitaria o mais amplo abano da cultura: Xeoloxia, Etnografia, Natureza, criazón literaria, e a sua maior empresa: A Recuperación da Memoria Histórica da Galiza.

A restituzón da honra aos dehonrrados da guerra incivil do 36. Este home tomou sobre si a responsabilidade de toda unha nazón, dirixindo unha empresa cultural privada, que teria que ser responsabilidade dun Ministerio ou dunha Consellaria.

Rescatou o noso Patrimonio do esquecemento e colaborou có seu dinamismo e criatividade axudandoo a andar cara o futuro. Nun tempo de fame de cultura e liberdade tivo a valentia de por en andamento unha idea orixinal, pondo ao servizo da sociedade todo o seu saber en arte e en industria.

Eu non sei se noutras nazons hai un exemplo semellante. Eu non o coñezo. Aqui foi algo extraordinario. Isaac Diaz Pardo fainos sentir orgullo de sermos desta Terra e deste Tempo que partillamos con él.

Ouvin dicir que o dia 23 de xaneiro reúnese un Consello de Administración  das Empresas do Castro e Sargadelos na que intentan votalo fora totalmente delas. Como galega non deixo de preguntarme: que vai ser do Museo Carlos Maside, da Editorial do Castro, do Laboratorio de Formas , ...quen se vai lembrar que o Laboratorio Xeolóxico de Laxe, legado de Isidro Parga Pondal fora acollido no Castro cando non habia na Galiza quen garantise a sua protección; que vai ser da estética e da ética empresarial  e, en fin, como podemos dar testemuña do noso agradecemento a tal persoa que imaxinou un mundo fermoso e harmónico e que foi quen de mantelo por mais de 30 anos.

Que sempre estivo na primeira liña de defensa de Galiza escoitando e axudando en todo canto proxecto cultural se lle propuxo. Agora a barbarie do mercantilismo quere dar cabo dese mundo. Os renponsables de tal feitoria deberian  ser conscientes de estar a matar a galiña dos ovos de ouro. Se ainda non o son, o tempo llo demostrará, e pasaráselles factura pola desfeita que propiciaron.

 

Comentarios (1)add
1
Fran
Bo artigo.
Forza Isaac!!!

Xaneiro 16, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Adela Figueroa naceu en Lugo. É catedrática de Bioloxía-Xeoloxía no IES Lucus Augusti. Participou na fundación de organizacións como ADEGA ou a AS-PG e é tamén portavoz de Nunca Máis en Lugo. Ten xa unha numerosa obra científica e literaria. Na actualidade é presidenta de ADEGA.
 

Image