|
Paulo Liñeiro
|
Mércores, 16 de Xaneiro do 2008 |
Paulo Liñeiro
|
 |
O persoal do Deportivo está enervado porque a situación en postos de descenso ao término da primeira volta da Liga é alarmante.
O máximo responsable desportivo, Miguel Ángel Lotina, demostra que a súa planta exterior de home sosegado é só fachada.
|
As súas decisións son totalmente cambiantes, un día di que os porteiros da primeira equipa non volverán xogar en toda a tempada pola agresión de Munua a Aouate e á semana seguinte están perdoados.
Porque tamén sancionou ao agredido Aouate?
Esta ben clariño, logo de escoitar a Lotina na Cadea Ser, non foi polo altercado entre os porteiros. Lotina aproveitou a situación para castigar a Dudú Aouate porque non soportou que o porteiro israelí opinase, nun medio local, que a súa suplencia era inxusta. O técnico non permite discrepar as súas decisións publicamente e a agresión de Munua serviulle para aplicar unha sanción a un agredido, algo insólito.
En todo isto, un porteiro do filial pode pagar as consecuencias dos devaneos de Lotina. Ogallá Fabricio non quede marcado por xogar un partido e recibir tantos goles, sería unha mágoa perder un porteiro de tanto futuro.
Para rematar a situación, outros medios de comunicación dan por segura a creba económica do Depor, mais isto non é culpa de Lotina, o responsable é o presidente, que ademais coa grave crise económica non perdoa nin unha peseta (mellor dito un euro) do seu suculento soldo.
Os deportivistas, verdadeiros sufridores, non se merecen estar en mans desta xente.
Comentarios () |
|
|
|
|
|