Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Bush é Bush até o final Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 16 de Xaneiro do 2008   |   Internacional
bush (Ver o video) George W. Bush desembarcou en Ryad para atraer a Arabia Saudí ás súas posicións contra Irán: un importante contrato de venda de sofisticadas armas por valor de 13.500 millóns de euros.   
Bush, chegou a Ryad coa promesa dunha importante venda de armas no peto e coa intención de que o seu aliado saudí se alinee coas súas posicións na súa cruzada contra Irán.

Para lograr os seus fins, Bush conta coa baza de que o Congreso de EEUU aprobou o seu proxecto de vender armas por valor de 20.000 millóns de dólares (13.500 millóns de euros) a diferentes monarquías do golfo Pérsico, especialmente a Arabia Saudí.

A venda consiste en bombas de alta tecnoloxía guiadas por satélite. O feito de que Arabia Saudí poida acceder a esta tecnoloxía militar espertou o temor de Israel e de numerosos parlamentarios de EEUU, que temen que estas armas poidan ser utilizadas contra o Estado sionista, tendo en conta que Arabia Saudí, como moitos estados árabes da zona, se nega a recoñecer ao Estado de Israel. Así mesmo, oligarcas saudíes financiaron a entidades islamistas palestinianas que resisten ante a ocupación sionista, como Hamas.

Para silenzar estas críticas, o Goberno de EEUU anunciou que subscribirá un pacto de asistencia militar con Israel por valor de 30.000 millóns de dólares (20.300 millóns de euros) durante un periodo de dez anos.

O que busca realmente Bush armando ás monarquías petroleiras do golfo Pérsico é que cooperen coas súas intencións de illar Irán, que actualmente se sitúa no número un da lista de países que forman o seu "Eixo do Mal".
Non é de estrañar que Bardem se inspirara en Bush para facer o terrorífico papel que lle supuxo todo un recoñecemento internacional. E é que ese home mete medo.
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image