Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
PSA inviste 218 millóns en Vigo Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Venres, 18 de Xaneiro do 2008   |   Economía
picasso O consorcio automobilístico francés PSA Peugeot-Citroën realizou unha inversión de 218 millóns de euros na adaptación da súa planta de Vigo para a produción da nova xeración dos modelos Peugeot Partner e Citroën Berlingo, segundo informou o director da instalación, Pierre Ianni, durante a presentación de ambos modelos. 
O máximo responsable da factoría galega apuntou que esta inversión é parte dunha partida de 326 millóns de euros destinada ao plano industrial. Ademais do capital total comprometido na planta de Vigo, 108 millóns de euros destináronse á construción de novos talleres e á adquisición de ferramentas.

Estes 326 millóns de euros forman parte da inversión total realizada polo grupo PSA no desenvolvemento destes dous modelos, que se elevou a 660 millóns de euros, dos que 334 millóns de euros se dedicaron ás accións de investigación e desenvolvemento.

A compañía automobilística explicou que o potencial industrial destes vehículos, que convivirán durante anos cos seus predecesores e que serán lanzados ao mercado en abril, se eleva a 300.000 unidades ao ano.

A PSA Peugeot-Citroën na Galiza, fabricou 547.000 unidades de todos os seus modelos - os Citroën C4 Picasso, Grand C4 Picasso, Xsara Picasso, e Berlingo e o Peugeot Partner - durante o pasado exercicio, o que supón un aumento do 20% fronte aos datos de 2006.

Por outro lado, o máximo responsable do consorcio PSA, Christian Streiff, resaltou que non existe un plan de baixas non traumáticas como se está a producir en Francia e sinalou que o equipo da factoría de Vigo "pode diminuír" no futuro, aínda que sempre nos níveis máis reducidos posibles.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image