|
Irán condena as medidas racistas de Israel |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Domingo, 20 de Xaneiro do 2008 |
Internacional
|
 | O ministro de Exteriores iraní, Manouchehr Mottaki, condenou os ataques israelís e o embargo económico e de materiais decretado por Tel Aviv sobre a Franxa de Gaza, que cualificou de "medida racista" destinada a "provocar unha grande catástrofe humanitaria" na rexión. |
En mensaxes enviadas por Mottaki a altos representantes da Organización da Conferencia Islámica, o ministro lamentou "os ataques por terra e aire, a pechadura dos accesos e o asedio da rexión".
Mottaki considerou que estes factores, xunto coa falta de alimentos e medicinas desembocarán "nunha catástrofe humanitaria", provocada por Israel, "que conta co apoio dos poderes mundiais e que se desentendeu dos dereitos humanos máis básicos, dos acordos internacionais e que cometeu a máis salvaxe das crueldades en Terra Santa".
"Hoxe, o mundo é testemuña das medidas racistas do réxime sionista e da masacre do pobo palestino", engadiu, antes de lamentar que "os así chamados defensores dos Dereitos Humanos non tomaron a máis mínima medida para evitar tales accións". Por outra banda, o director xeral da principal planta enerxética de Gaza confirmou o apagado total da central como consecuencia do embargo de combustible decretado por Israel.
Comentarios () |
|
|
|
|
|