Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Feijóo e o seu bilingüismo en liberdade Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 24 de Xaneiro do 2008   |   Eleccións
feijoo7
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, negou que o seu líder estatal, Mariano Rajoy, "queira prohibir o galego" porque "só fala de cumprir a Constitución", aínda que apostou por que o 50% das materias na educación na Galiza sexan impartidas en castelán.

Núñez Feijóo manifestou que "a ninguén se lle pode discutir por ser demócrata", en referencia á proposta lingüística que Rajoy presentou a pasada fin de semana, na que anunciou que garantiría por lei o ensino de español e que, nas Comunidades Autónomas con lingua cooficial, quedarían garantidos "os dereitos preferentes de pais e alumnos para que en todos os cursos e niveis educativos a lingua castelá ofreza como vehicular xunto coa cooficial".

"Subscribo que a xente teña dereito a que a lingua materna nos primeiros anos de educación a elixan os pais, sexa castelán ou galego", aseveró Feijóo. Non obstante, emprazou a "esperar a que o programa electoral estea impreso", porque, segundo dixo, non coñece con exactitude a proposta de Rajoy.

O líder da oposición reiterou que o seu modelo é o de "bilingüismo en liberdade", segundo o cal a metade das materias deberían impartirse en galego e o resto en castelán porque, na súa opinión, "agora non hai límites". "Se o que se quere é que todas as materias menos unha sexan no galego creo que é un erro, do mesmo modo que sería un erro dicir que todas menos unha sexan en castelán", recalcou.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image