
| Rajoy sen ideas |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Domingo, 27 de Xaneiro do 2008 | Eleccións | |||
Nun alarde de victimismo, Mariano Rajoy asegurou que eles levan anos "advertindo de que non se debe negociar con terroristas porque é un erro; pedindo que se deixe fóra das institucións aos aliados e socios de ETA, e ninguén nos fixo caso". Díxolle o gato ás morcillas... pero quen negociou coa ETA máis que vos? Estes tiveron conversas con eles mais vos achegáchedes presos, xuntáchedelos e reducíchedes condeas... a cambio de que? O sucesor de José María Aznar asegurou que "temos un Goberno desorientado, sen rumo e sen ideas claras e o mínimo que se lle pode pedir é que teña criterio" . Aplícate o conto ti tamén, que non deixas de ser a Marianomarioneta nas mans de Aznar. Para o líder conservador, "a un goberno vaise con [Cristóbal]Montoro, con [Juan] Costa, con [Manuel] Pizarro,... con xente con ganas e ilusión" (medo me dan as súas gañas e ilusión que non teño claro de que serán) e non cun ministro de Economía, Pedro Solbes, que "está de retirada, como facendo un favor; que está cano".
Rajoy garantiu que, se é presidente, se centrará na economía. Na economía do centro ou no centro da súa economía? como os PPobres non chegan a fin de mes... alguén lembra á pobre de Esperancita que non ten para pagar a calefacción? |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|