
| Julio Padilla excluído da lista do PP |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Martes, 29 de Xaneiro do 2008 | Eleccións | |||
A exclusión non o pillou por sorpresa, pois xa recibira mensaxes nese sentido desde principios de xaneiro, pero recoñece que tampouco lle agradou: "Non me alegra, porque se non, sería eu quen marchase", comentou. Ninguén da dirección nacional do PP lle ofrecera máis explicacións, pero polo menos di recibir a calor de moitos compañeiros de escano do Grupo Popular.
En calquera caso, asegura sentirse agradecido "polo privilexio de estar no Parlamento", onde di realizar "un traballo abundante, modestamente fecundo", e deixar "unha pegada notable no Diario de Sesións e na vida parlamentaria". |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|