Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
China xa supera a Estados Unidos en competitividad tecnolóxica Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 29 de Xaneiro do 2008   |   Internacional
bush Un novo estudo do Instituto Tecnolóxico de Georgia sobre a competitividade tecnolóxica suxire que moi pronto China adiantará a Estados Unidos como motor da economía mundial, unha posición que detentaba desde o final da II Guerra Mundial. Por primeira vez no último século, dous países compiten en igualdade de condicións no plano tecnolóxico.

Os indicadores do estudo predicen que China pasará pronto aos Estados Unidos na habilidade para desenvolver tecnoloxía e ciencia, e convertela en produtos e servizos susceptibles de ser comercializados en todo o mundo.

Aínda que China ten a imaxe de producir cousas de baixo custo, este estudo tamén mostra moi ás claras que o xigante asiático ten aspiracións moito maiores.

“Por primeira vez en case un século, podemos ver liderado en investigación básica e en capacidade económica para obter beneficio desa investigación (para crear e comercializar produtos) en máis dun lugar do noso planeta”, comenta Nils Newman, que é o coautor deste estudo.

Desde a II Guerra Mundial, os Estados Unidos foron os principais condutores da economía mundial. Con todo, vaise a dar xa a situación de que os produtos que consomen os norteamericanos non serían nin ideados nin producidos no seu país. 

No ranking de 2007, China superou en puntuación a Estados Unidos (82,8 puntos, fronte a 76,1). Séguenlles Alemaña, con 66,8 e Xapón con 66. O vertixinoso da situación é que tan só hai 11 anos a China só sumaba 22,5 puntos, mentres que Estados Unidos rozaba a perfección con 95,4.

Bush estará moi alporizado... máis aínda? Atreveráse a invadir a China?... a estes ao mellor, e só ao mellor, ténlles medo.

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image