Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
RaJoy é JR Imprimir Correo-e
Paulo Liñeiro   |   Martes, 29 de Xaneiro do 2008   |   Paulo Liñeiro
Image
Do mesmo xeito que Zapatero pasou a chamarse ZP, eu non chamaría RJ a RaJoy. A partir de agora chamareino JR (para os moi novos, era ou malo malísimo de Dallas, unha serie de televisión de finais dos setenta), pois definitivamente decidiu actuar de exterminador da lingua galega.
JR consciente de que non teñen remedio os malos resultados que vai obter en Euskadi e Cataluña (as outras dúas nacionalidades históricas), busca convertirse nun defensor do idioma español para obter máis votos noutras autonomías.
Para iso, inclúe no seu programa unha reforma en educación para que os pais poidan elixir unha educación só en español. Con esta medida, a desaparición progresiva do uso do galego está asegurada (quedarán catro nostálxicos que reuniranse nos seus intres libres).

Como imos votar a alguén que non ama a súa propia lingua, que principios ten este señor que para gobernar, como sexa, despreza a cultura da terra que o veu nacer?

En foros aparecen comentarios de que "sempre nos beneficiará" que o vindeiro presidente do goberno estatal sexa un galego. Galegos como JR, NON GRAZAS. Se fose Cuiña, que en paz descanse, aínda discrepando das súas ideas políticas, me parecía un político comprometido co seu país e a súa lingua.

Sr. JR: Vostede xa decidiu (se sae elixido) un estado español monolingüe (de falar doutra lingua, sería o inglés que aparece tamén na súa reforma educativa). Esperemos que os cidadáns galegos tomen nota e voten por quen apoie a nosa cultura, a nosa terra? Viva Galiza!!!

Comentarios (1)add
1
Breixo
VIVA GALIZA!!!! smilies/kiss.gif
Nin JR, malo malesísimo, nin RJ, do maliño o pior, van poder cunha lingua e cultura milenarias.
Que vaian sachar patacas ou recoller algodón aos united states como escraviños do Bush.

Febreiro 01, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image